Traballos - Proposta 10 - Clase 4 anos

Agora sí, isto xa rematou!! A só tres días de que remate o colexio, imos coas fotos da última proposta deste curso tan especial.

O que se pode aproveitar unha caixa de cartón!! Nahia fixo unha marabillosa casa de bonecas👪Ten bañeira, cadeiras, mesas, escaleiras e ata unha cama!! Tamén fixo coa súa tía un palo de choiva, serve para relaxarse 🙅 No vídeo está toda a explicación detallada:


E Paula elaborou un magnífico maletín escolar💼. Forrou toda a caixa cun papel de princesas e dentro puxo uns compartimentos para gardar rotuladores, lapis, pegamentos...


Teo ten moitas elaboracións🔨: fixo unha caixa con diferentes residuos plásticos, coches con rolos de papel e un lapicero cun bote de xel.




Atentos e atentas aos vídeos de Li. Que estará facendo? Botádelle un ollo para averigualo👀 Son dúas cousas moi orixinais que de seguro a ninguén se lle ocorreu que se poden facer con plástico



Nesta foto de Sergio pódese ver os seus novos obxectos reciclados con plástico🌻🌻: unha hucha dun porquiño, unha maceta e un estuche para os seus lapis de cores. Cantas cousas se poden facer co plástico, verdade??



Por un lado Ada fixo unha hucha cunha botella de pringles. Reciclou unha bolsa de papel de Top Model para poder forrar a súa hucha. Despois, cun cartón de leite e un pouco de goma eva elaborou esta preciosa maceta!!🌷🌹




Comentarios