Entradas

Mostrando entradas de 2017

VENRES DE CINE

Este pasado venres xa que os nosos compañeiros e compañeiras de primaria foran a correr polo Samartolameu, nós non queriamos ter un día coma outro calquera e...decidimos facer unha mañá de cine! Como cine comercial xa miramos a cotío, decidimos ver unha recomendación dprofe Iago... "Mi vecino Totoro" .  Encantóunos a tod@s e foi unha mañá do máis divertida. No cine houbo entradas, palomitas e ata acomodador!! Foi xenial!!! Mirade!!!

UNÍMONOS POLA IGUALDADE

Imagen
O 25 de novembro celébrase o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" e na clase de 4 anos estivemos traballando sobre este tema (adaptado claro aos pequenos) coa lectura do conto Rosa Caramelo que nos deu pé a falar da igualdade e de que tanto homes coma mulleres poden facer as mesmas cousas e teñen os mesmos dereitos. Aquí tedes unha pequena manualidade que fixemos para recordar este día as nosas familias!!!      

25N

Imagen
O 25 N é un día importante e, dende o cole sumámonos á iniciativa do concello e repartimos entre os cativos pulseiras moradas para visibilizar este día. Como é un tema de difícil enfoque en infantil e máis con tres aniños, para darlle sentido lemos o conto ROSA CARAMELO . Votádelle un ollo!! E, lembrade...os homes e mulleres de mañá están hoxe nas vosas casas...eduquemos no respecto e a igualdade! !!

Xoves cociñando!!

Hoxe tivemos un día estupendo no cole. OBRADOIRO DE COCIÑA , co que nos gusta cociñar e "xogar" cos alimentos. E así, sen case darnos conta, traballamos un montón de cousas tan importantes...texturas, sabores, olores...melloramos a motricidade, experimentamos...e o mellor de todo, dándolle un sentido e por riba...logo podemos comer o que facemos!! Mmmmmmm!!! Que rico!! Hoxe tocounos pizza. Amasamos, estiramos, pusémoslle os ingredientes e...ao forno!! Antes de nada lavamos os cacharros e as mans, claro!! E logo, veña a cociñar. E tamén, entre unhas cousas e outras, lambemos un pouquiño de tomate, comemos unha oliva...nunha palabra: DESFRUTAMOS!! Queredes mirar?? Porque probar xa o probastes, non sí??? Pois mirade!!

DEBUXO COLABORATIVO

Imagen
Onte, na clase de 4 anos, Xavi foi o encargado e cando foi debuxar o seu esquema corporal quixo que lle axudaran todos os compañeiros. Entón un a un fomos completando o seu debuxo. Encantounos compartir!!!               Despois da asemblea decidimos ir a sala da fotocopiadora a coller papel continuo para facer un debuxo de forma colaborativa.   Como non nos dou tempo onte, porque tivemos que ir a biblioteca a buscar o conto, tivemos que deixalo para hoxe. E así foi, hoxe debuxámonos todos dun xeito especial, e dicir, cando o profe dicía cambio tiñamos que ir rotando cos compañeiros para continuar o seu debuxo ata que finalmente chegamos de novo ao debuxo que comezamos. Mirade!!! Se normalmente debuxamos xenial hoxe en equipo fixémolo mellor!!!

XOGAMOS CO KUBIX

Imagen
Hai uns días xogamos co "kubix", un xogo semellante ao tetrix soamente que con cubos. Con este xogo pretendemos traballar a capacidade de concentración e razonamento lóxico. Ademais de xogar con el libremente facendo as composicións que cada un de nós quixo tamén empregamos unhas plantillas nas cales coas pezas da marxe esquerda tiñamos que crear as composicións da dereita. Aínda que algunha composición se nos resistíu un pouco, entre todos o conseguimos. Estamos feitos uns auténticos campións!!!

OBRADOIRO LITERATURA: "El dragón sakasavon"

Imagen
Hai unhas semanas contamos na clase o conto "El dragón Sakasavon. Una sorpresa para Pierrot" no cal un pequeno dragón chamado Sakasavon un tanto especial pois pola súa boca non sae lume senón pompas de xabón que axuda a Pierrot un neno que acaba de coñecer e precisa axuda para limpar e quentar no inverno a súa casa xa que os seus pais están con gripe. Despois de ler o conto e falar da importancia de axudarnos uns aos outros fomos ao patio a facer pompas como sakasavon.

ENCARGADO DO DÍA

Imagen
Cada día, un de nós é o encargado/a do día. Cando nos toca selo estamos moi contentos pois nos gusta moito ser os protagonistas e pasar lista, apuntar no almanaque o día da semana, o dia do mes, que clases imos ter, o que imos merendar, o tempo que fai, contar como nos sentimos, escribir o noso nome e primeiro apelido, debuxarnos, a canción do noso nome,... Mirade que contentos!!! LAURA, PAULA E ANAÍS  YADIRA, XAVI E ZAIRA VERA, ETHAN E ANDRÉS

OS CROCOARTISTAS: O GRITO DE MUNCH

Imagen
A semana pasada estivemos traballando na clase sobre o medo e as cousas que nos producen esta emoción. Tamén reflexionamos sobre un cadro moi famoso "O grito" de Edward Munch, falamos do que percibiamos no cadro, das cores e das emocións e sentimentos que nos producian. Por último fixemos a nosa propia versión. N QUE PEQUENOS GRANDES ARTISTAS!!!

O NOSO NOME E DEBUXO

Imagen
Hai unhas semanas fixemos os nosos nomes empregando anacos de palliñas de plástico. Primeiro escribimos con lapis o noso nome nunha cartolina e despois botamos un cordón de cola branca. Por último pegamos os anacos de palliña e nos debuxamos. Estamos feitos uns artistas da cola branca!!!

CANCIÓNS DE SAMAÍN

Imagen
Velaí van unhas cancións de Samaín que aos nenos e nenas lles encantan... DESFRUTÁDEAS!!

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Imagen
E,  chegou o martes e a celebración do SAMAÍN. Antes do recreo, xuntámonos as tres clases de infantil e fixemos un desfile de disfraces. Na clase do profe Óscar subimos á pasarela e alí, demos un paseo para que todos poidesen ver os nosos traxes. disfraces peli E, logo, merenda monstruosa!!! tedes máis imaxes no blogue dos compañeiros de dinamización lingüïstica   dinamizACCIÓN , pero mirade un anticipo... Despois do recreo lemos as historias de medo que inventaramos, na nosa BIBLIOTECA. E, para rematar a mañá, o equipo de dinamización fixo un conxuro para queimar os nosos medos. VAIA SAMAÍN DE MEDO!!

OBRADOIRO DE COCIÑA EN SAMAÍN

Imagen
Esta semana pasada celebramos no colea festado SAMAÍN . O luns fixemos un obradoiro de cociña e, a madriña de Noelia, SANDRA , viu ao cole para axudarnos a cociñar. Fixemos un biscoito de cabaza que nos deu moito traballo, pero que nos divertiu moito facer. O primeiro, antes do recreo, tivemos que raiar a cabaza, e isto deunos moito traballo. "Profe xa non quero máis", "estou canso", "Logo sigo", "Axúdame"....era o que se escoitaba., pero como somos uns nenos e nenas moi traballadores que nos esforzamos moito, fixémolo fantástico e, para a hora do recreo tiñamos toda a cabaza raiada. MIRADE!! Despois, xuntámonos as tres clase de infantil e pusémonos mans á obra para cociñar un rico biscoito. biscoito cabaza E, por último,antesde irmos á casa, SANDRA  Tíñanos unha sorpresa!! Qué alegría, un agasallo,por riba devira axudar trouxo un agasallo...Grazas Sandra, esperámoste sempre que queiras!! VOLVE AXIÑA!!

DEGUSTACIÓN FROITAS OUTONO

Imagen
Como xa estamos en outono , quixen acercarlles aos nenos e nenas á aula froitos e froitas de outono para experimentar: ulir, tocar,saborear... Sorprendeume que non coñecían moitas dela, coma o marmelo , a granada ou o caqui... Foi unha mañá estupenda que rematou cun obradoiro de cociña de brochetas de froita. Que ben o pasamos!! Animádesvos a velo...MIRADE! PREMEDE AQUÍ!! E despois, Carmen axudounos lavando as uvas para facer as brochetas. Mirade canto traballaron!! BROCHETAS DE OUTONO Insertar en Blog

DESFRUTAMOS XOGANDO CON ELEMENTOS NATURAIS.

Imagen
Pouco a pouco imos entrando nas rutinas de traballo e os nenos e nenas realizan as propostas de actividades de xeito autónomo. Estas semanas estivemos " repasando trazos " mediante creacións con elementos naturais. Mirade como traballan estes " parruliños "

SAMAÍN EN ABELENDO

Imagen
  DESFILE DE DISFRACES DE MEDO     MERENDA MOSTRUOSA PÓCEMA E CONXURO FIXEMOS MOMIAS OBRADOIRO DE COCIÑA: FIXEMOS BISCOITO DE CABAZA       CONTOS DE MEDO NA BIBLIOTECA

DESFILE DE DISFRACES

Imagen
Onte, na clase dos crocodilos,  estivemos acompañados un ratiño dos compis de 5 anos e como nos gusta tanto disfrazarnos decidimos facer un desfile de disfraces. Pasámolo xenial e decidimos volver a facelo pronto!!! Mirade que ben nos desenvolvemos na pasarela!!!  Por suposto, ao rematar saímos a saudar!!!  

CONTO: A MÁSCARA DO LEÓN

Imagen
A semana pasada lemos na clase o conto "A máscara do león" un conto que nos transmite a aprendizaxe de ser sempre tal como somos e que ninguén nos cambie, como intentan cambiar a Leonciño, o protagonista do conto. Despois do conto fixemos a nosa máscara do león que no noso caso empregaremos para xogar e non para que ninguén nos cambie. Aquí está o resultado final