Como case sempre que empezo en tres anos , encántame un conto para os primeiros días, por sinxelo, colorido, animado (ten canción, cantamos, bailamos...), pola cercanía da mamá galiña, porque aos nenos e nenas encántanlle os pitiños...bueno e porque a min tamén me encanta este conto PEPE xa coñeceu aos meus pequerrechos de 3 anos e está encantado de estar con eles. Xa me dixo que disfruta moito nas súas casas, porque xa está indo de visita. Xa visitou a casa de SARA , de CARMEN , de VALERIA e de LAIA . Cando volve á escola,volta contento e cheo de historias e desexando ir a coñecer a familia doutro neno ou nena. E, ocorréuseme que, para que podades cantar e bailar con él, podería compartirvos a canción.Unhacanción recollida no libro-cd CARTAS QUE VEÑEN E VAN , de Susa Herrera e Mamá Cabra e, para que o escoitedes comparto este vídeo, publicado en "youtube" e que está montado co traballo duns nenos. (Compartido por exploradores3a). Pincha a continuación!! CANTEMO