Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2017

DESFILE DE DISFRACES

Imagen
Onte, na clase dos crocodilos,  estivemos acompañados un ratiño dos compis de 5 anos e como nos gusta tanto disfrazarnos decidimos facer un desfile de disfraces. Pasámolo xenial e decidimos volver a facelo pronto!!! Mirade que ben nos desenvolvemos na pasarela!!!  Por suposto, ao rematar saímos a saudar!!!  

CONTO: A MÁSCARA DO LEÓN

Imagen
A semana pasada lemos na clase o conto "A máscara do león" un conto que nos transmite a aprendizaxe de ser sempre tal como somos e que ninguén nos cambie, como intentan cambiar a Leonciño, o protagonista do conto. Despois do conto fixemos a nosa máscara do león que no noso caso empregaremos para xogar e non para que ninguén nos cambie. Aquí está o resultado final

DEGUSTACIÓN FROITOS DE OUTONO

Imagen
Hai uns días a profe Evi trouxo á nosa clase froitas de outono para facer unha degustación.Tamén nos dou laranxas, un exprimidor, coitelos (de madeira e plástico) e un coador para que poideramos facer un zume de laranxa. Pasámolo moi ben. Grazas profe Evi!! Despois de facer o zume incluso brindamos como os maiores e fíxonos moita gracia!!!

DEBULLAMOS

O outro día fun invitada á casa de campo duns amigos, alí teñen animais, árbores frutais, viñas...e, cando me din conta, atopei o millo secando amontoado, e, como levaba moito tempo querendo facer esto no cole, pero non tiña cerca quen me dera o millo, ao miralo non o dubidei e, pedinlle por favor a este amigo que me dera unhas espiguiñas para os meus nenos. Como Dani é encantador, díxome que si claro e, aínda que nun primeiro momento mas quería cobrar, ao final regaloumas (é broma) E, claro, o luns, toda contenta, leveinas á clase para que os meus pequeniños desfrutaran con elas...tocáronas, ulíronas... cando preguntei, ninguén sabía de onde saían. Laia dixo que a súa avoa tíñaas para darlle de comer ás galiñas, pero non sabían de onde saían...está claro que estes nenos estanse alonxando do rural!! É unha pena!!Miramos no ordenador a planta do millo e falamos de para qué se usaba. Logo DEBULLAMOS!!! Foi moi divertido, MIRADE!!! Este millo utilizarémolo para xogar, para facer

SAÍMOS AO MONTE E TRABALLAMOS COS FROITOS

Imagen
A semana pasada os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo fomos ao Monte de LARA a dar un paseo, recoller froitos, follas, paus...a mirar o bosque en outono, a percebir as cores, marróns, amarelos, laranxas,ocres... Ao chegar levamos un chasco porque cortaran un montón de árbores e o monte non estaba tan bonito como a última vez, pero bueno, igual recollemos landras e castañas, pauciños, follas... Encima, atopamos un vello colchón e dende alí osmestres chamaron ao concellopara que oviñeran retirar. Foi unha das primeiras misións dos gardiáns da TERRA . Aproveitamos para pedirvos a todos que tomedes conciencia das cousas que tirades aos montes. Toda esta basura, logo, en caso de incendios coma os destes días,non fai máis que facilitar que o fogo se propague e, encima, o monte está cheo que porquería, así que, TOD@s A COIDAR OS NOSOS MONTES!!! Despois, cando chegamos á clase, noutro día, clasificamos o que recolleramos para incluílo no noso espacio adicado á natureza na

VISITA DO CCMUS

Este xoves tivemos unha visita fantástica que nos deixou contentos todaa mañán. Daman do CENTRO CREATIVO MUSICAL DE MOAÑA percorremos distintos épocas e clásicos da música como Pachelbel, Mozart, Rimsky Korsakov... A través dunha historia cos mosqueteiros como protagonistas, os nenos e nenas e os mestres gozamos escoitando unhas pezas de música que nos encantaron e estivemos todo o resto da mañá co sorriso nos beizos e as notas musicais nos oídos. Moitas grazas pola visita e a vos que nos visitades, desfrutade tamén premendo aquí para ver e escoitar o que pasou                                                     visita do CCMUS

XOGAMOS AS CARTAS XIGANTES

Imagen
Hoxe xogamos coa baralla de cartas xigantes. En primeiro lugar, ordenamos cartas do 1 ata o 12 e despois repartimos entre todos o mazo de cartas restante de xeito que cada un de nós tiña o seu mazo de cartas boca abaixo. Despois fomos emparellando as cartas que teñen igual cantidade colocándoas por columnas e indicando o número e debuxo que representaba.  

PLANTAMOS LANDRAS

Imagen
Aproveitamos algunhas das landras que recollimos hai uns días para plantalas: 1º Levamos a cabo a “proba de flotación”, e dicir, metemos nun vaso cheo de auga as landras para comprobar cales estaban en bo estado para ser plantadas , e dicir, desvotamos as que flotan e aproveitamos as que se non flotan e polo tanto están ben para comezar o proceso.  2º Pusémoslle o nome ao recipiente onde imos plantar a landra, reutilizado xa que son botes de potiños de bebés. 3º Colocamos unha camiña de algodón no fondo dos botes e apousentamos a landra no algodón e as tapamos con máis algodón. Por último, botamos un pouco de auga para humedecer o algodón. Xa estamos desexando que comece a saír a punta da raíz da cáscara.

ÍMOS DE CONCERTO

Imagen
Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º de educación primaria fomos espectadores dun pequeno concerto de música clásica que nos ofreceu o CMUS. A verdade é que foi moi divertido e pasámolo xenial!!!

MANDALAS CON ELEMENTOS NATURAIS

Imagen
Na clase dos crocodilos aproveitamos os elementos naturais recollidos hai uns días no monte de Abelendo para facer mandalas. Fixemos os mandalas sobre cartón pegando os elementos naturais con cola branca (xa estamos feitos uns expertos no manexo da cola) Tamén elaboramos un mandala sobre cartolina

XOGAMOS CON BEE-BOT: "CATEGORÍAS SEMÁNTICAS"

Imagen
Estes días estivemos xogando co Bee-Bot as categorías semánticas . A actividade consisituiu:  1º Tiramos o dado, que nos indica a categoría semántica (animais, froitas, instrumentos musicais, prendas de vestir...) 2º Buscamos no panel unha imaxe de dita categoría e dicimos a palabra en voz alta. 3º Levamos o Escornabot á imaxe escollida. 4º Pasamos a quenda ao compañeiro do lado.

ANIVERSARIOS DE VERÁN E DE SETEMBRO

Imagen
O pasado mes, na nosa clase, celebramos unha manchea de aniversarios, todos os que cumpliran en verán e tamén no mes de setembro. Estes nenos e nenas xa teñen   3 aniños  quisemos celebralo xuntos. Compartimos merenda, sopramos velas e cantamos... Pasámolo xenial!!! E despois, e xa que este ano estou tentando introducirme un pouco na metodoloxía Montessori, tentamos celebrar tamén o cumple como nos dice esta metodoloxía. Facémolo así para que os nenos sexan conscientes do paso do tempo e de como a Terra se move e xira aorredor do Sol.  Ahí van unhas fotiñas, a ver que vos parece!!                           PARABÉNS!!!!

ÁRBORES DE OUTONO

Imagen
Hai unhas semanas para darlle a benvida ao outono decidimos facer as nosas árbores de outono estampando as nosas mans e antebrazo. Unha vez que tivemos as nosas árbores estampamos con letras a palabra outono. Tamén pegamos follas naturais troqueladas con forma de folla simulando que estaban caendo. Por últino, preparaos o chan cheo das cores de outono (marrón, amarelo, vermello e verde).

SAÍDA DE OUTONO

Imagen
Hoxe saímos pola contorna de Abelendo para observar a natureza no outono e recoller follas, pequenas ramas, castañas, ourizos e landras do monte.   Cando chegamos a clase clasificamos e organizamos o que recollimos( follas de castiñeiros, follas de carballo, landras, paus e piñas)  Con estes elementos naturais realizaremos diferentes actividades que xa vos amosaremos!!!

ANDRÉS XA TEN 4 ANOS!!!

Imagen
Hoxe os crocodilos de 4 anos estamos de festa pois o noso compañeiro Andrés está de aniversario e cumpre 4 anos!!! Para celebralo con todos nós trouxo unha rica tarta e zumes. Pero non todo foi comer pois ademais de cantarlle a canción de cumpreanos feliz tamén bailamos. Pasámolo moi ben!!! 

XOGAMOS NOS RECANTOS

Imagen