Esta semana pasada celebramos no colea festado SAMAÍN . O luns fixemos un obradoiro de cociña e, a madriña de Noelia, SANDRA , viu ao cole para axudarnos a cociñar. Fixemos un biscoito de cabaza que nos deu moito traballo, pero que nos divertiu moito facer. O primeiro, antes do recreo, tivemos que raiar a cabaza, e isto deunos moito traballo. "Profe xa non quero máis", "estou canso", "Logo sigo", "Axúdame"....era o que se escoitaba., pero como somos uns nenos e nenas moi traballadores que nos esforzamos moito, fixémolo fantástico e, para a hora do recreo tiñamos toda a cabaza raiada. MIRADE!! Despois, xuntámonos as tres clase de infantil e pusémonos mans á obra para cociñar un rico biscoito. biscoito cabaza E, por último,antesde irmos á casa, SANDRA Tíñanos unha sorpresa!! Qué alegría, un agasallo,por riba devira axudar trouxo un agasallo...Grazas Sandra, esperámoste sempre que queiras!! VOLVE AXIÑA!!