Entradas

Mostrando entradas de 2018

EXPERIMENTAMOS CON PLASTILINA CASEIRA

Imagen
Esta pasada semana nos nosos " procesos de aprendizaxe " elaboramos plastilina caseira. O mércores. E o xoves xogamos con ela, amasamos, estiramos, cortamos, mesturamos...para que a proposta fora máis rica acompañamos a provocación con herbas aromáticas, a clase menta, perexil, albahaca ...😋😋😋 pasámolo moi ben e os nenos e nenas desfrutaron e experimentaron. Aprendendo sen darse conta!!! arrecendía... Agora falta o outro grupo...ssshhh...gardade o segredo para que sexa unha sorpresa!!😉😉

XOGAMOS COA CASIÑA DOS NÚMEROS

Imagen
Estivemos xogando á descomposición do número 5 coa casiña dos números.  Por quendas, cada un de nós foi colocando en cada piso aos amigos do número 5 , é dicir, aqueles números que xuntos suman 5. Deste xeito, logramos plantexar todas as composicións posibles ( 5-0, 0-5, 4-1, 1-4, 3-2, 2-3)

RECOLLEMOS PIPAS DE XIRASOL E AS FABAS

Imagen
Saímos ao patio do cole a recoller as pipas de xirasol que plantamos alá polo mes de marzo. Despois na clase fomos desgranando as pipas para gardalas e volver a plantar na primavera.

PARABÉNS ANDRÉS

Imagen
Andrés estivo de aniversario!!! Xa ten 5 anos!!! Moitas felicidades campión!!! Andrés deu 5 voltas arredor do sol a vez que nos ía ensinado fotos de momentos importantes da súa vida.  Convidounos a tarta de chocolate e zumes. Entre todos de forma cooperativa fixemos un mural coas 4 fotos mais importantes (uns recortamos as fotos, outros pegamos as letras do título, outro grupo escribiu o pé de foto). Por último, todos xuntos decoramos a cartolina con gomets, rotuladores, troqueles,... Mirade que chulo nos quedou!!!

XOGAMOS CON BEEBOT

Imagen
Na clase de 5 anos sempre recibimos as actividades con beebot con moitas ganas. Primeiro deseñamos un percorrido con bloques de madeira polo cal debería pasar beebot para chegar a súa casa.   Despois entre todos fomos programando a beebot coa axuda dunhas tarxetas para que non se nos esquezan os pasos a hora de programalo.    Por último programámolo para facer o camiño á inversa (ademais tiña que dar volta) 

OS CROCODILOS APRENDEMOS XOGANDO

Imagen
Cada semana imos ter diferentes propostas de traballo para que libremente vaiamos a xogar e experimentar. Xogamos a introducir tantos linguodepresores nos vasos como indica o número, traballamos a grafomotricidade con cortizas, pedras e tapóns de plástico. Coas pinzas introducimos tantos pompóns como indica o número e reproducimos modelos de pompóns atendendo ao tamaño (grandes, medianos e pequenos) e a cor.  Compusemos palabras con letras troqueladas e fixemos o seu debuxo. l Fixemos os números con policubos seguindo o modelo.   Estrenamos a mesa da plastilina onde temos diferentes plantillas do corpo humano, da cara, monstros,... que podemos decorar dando renda a nosa creatividade.

TEA DE ARAÑA

Imagen
Nos primeiros días de cole fixemos a dinámica de grupo "A tea de araña" onde cada un de nos  comentou o que esperaba para este novo curso (xogar, divertirnos, facer amigos, pasalo ben...) Gustounos moito e pronto repetiremos .

BENVIDOS AO NOVO CURSO!!!

Imagen

DESPEDIMOS O CURSO!!! BOAS VACACIÓNSSS!!!

Imagen
O pasado 18 de Xuñio s aímos de excursión ao Parque dos Sentidos, logo fixemos un roteiro polas rúas máis importantes de Pontevedra. Despois comemos na Illa das Esculturas en A Xunqueira-Pontevedra. Por último, collemos o tren cara Vigo onde había un autobús que nos trouxo de volta a Moaña. No parque dos sentido na granxa de Briz (Marín)   Merendando na Illa das Esculturas (Pontevedra)   No tren camiño de Vigo.   O martes 19 tivemos festa da auga, onde xogamos con xeringas, trasvase con vasos, rampa de auga, pistolas de auga, globos de auga e  xogo de esponxas.     Encántanos a rampa de auga!!!     Unhas esponxas moi esvaradizas. Onte  fomos a praia da Xunqueira e despois ao parque. Pasámolo xenia!!!    Hoxe puxemos o broche final a este curso coa celebración do XXV Cross Escolar de Abelendo.   

Xogamos?

Relacionar Bob

ARTE CON CÁNICAS

Imagen
Facemos obras de arte con cánicas e pintura líquida. Algo moi sinxelo que nos gusta bastante!