AS OBRAS DE ARTE DA AULA DE 3 ANOS

Ola a tod@s!!! Unha semana mais que pasou e unha semana menos que queda para vernos!!!!!👀👍
Esta semana propuxémosvos unha actividade na que tiñades que desenvolver a vosa creatividade e, como sempre, fixéchelo xenial!!!!👏👏👏 Sodes uns e unhas artistas!! Que non me credes!!????😓 Pois mirade!!!!!

OLIVIA fixo unhas tartas 🍰 que nin na mellor pastelería poderías atopar unhas así! Que boa pinta!!!😋

MARTIÑO preferiu facer uns animaliños e quedáronlle tan ben que parecen reais! Que medo dá esa serpe!!!🐍
A MARTÍN o que mais lle gustou foi pesar e medir os ingredentes e quixo deixar a súa pegada para a posteridade.✋

IRIA  e o seu irmán ANDRÉS mezclaron, amasaron, moldearon e pintaron unhas creación que xa quixeran ter os mellores museos nas súas exposicións!😍😍
E, despois de facer as súas creación, tamén tivo tempo de probar as cousiñas que lle chegaron de parte do cole.



ALBA deu renda solta a súa imaxinación e moldeou un montón de cousas, desde colares ata brochetas, caracois, estrelas, flores... ❀❤🌛🌞🌟


ADRIÁN pasouno xenial facendo a mezcla, amasando, facendo boliñas e churriños para rematar facendo as súas obras de arte con distintos moldes.💕💖

AROHA desfrutou moitísimo amasando, mezclando, metendo a masa no forno e facendo as pegadas dos seus pés e mans!✋

CHICOS E CHICAS!!! NORABOA!!!! SODES UNS E UNHAS GRANDES ARTISTAS!!!!!!

Comentarios