PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº4
Imos con outra semana máis, desta vez con novidades porque por fin os nenos e as nenas poden saír a rúa!! Dende aquí animámosvos a que nos ENVIEDES FOTOS DOS VOSOS FILLOS/AS NA RÚA!! 🎥Queremos ver cómo desfrutaron despois de estar tanto tempo na casa.
Ademais, este martes queremos que o alumnado de infantil intente PLANTAR semillas de cenoria, lentellas e patacas.
Para plantar CENORIAS tedes que:🌿
- Coller un prato fondo
- Cortar a cenoria deixando unha soa base, por onde crecen as follas
- Poñer a parte cortada no patro fondo cun pouco de auga (sen chegar a cubrir de todo)
- Poñer á luz do sol e esperar entre 7 e 10 días
- Cando saian os primeiros brotes transplantar a un recipiente con terra
Para plantar LENTELLAS tedes que:🌿
- Poñer un pouco de algodón mollado con auga dentro dun vaso
- Poñemos un puñado pequeno de lentellas enriba do algodón
- Poñer á luz e esperar 2 ou 3 días (botar un pouco de auga se é necesario)
Para plantar PATACAS tedes que:🌿
- Pinchar catro palillos pola metade da pataca (servirannos de soporte para o vaso)
- Encher un vaso con dous tercios de auga
- Poñer a pataca coa parte máis fina, dentro da auga
- Poñer a pataca á luz do sol e esperar
Con todo isto, os nenos e nenas deberán facer unha folla de rexistro, apuntando cada día os cambios que acontecen. Podedes descargala (ou escribila nun folio) aquí👇
Os nenos e nenas de 3 anos poden debuxar ou ben marcar cunha O se hai cambios e cunha X se non aconteceu nada. Os de 4 e 5 anos poden debuxar ou escribir os cambios que acontecen.
A partir deste traballo podedes...👀
- Plantar máis variedade: garavanzos, limóns, trigo...
- Observar canto tarda en xerminar: no terceiro día, no séptimo...
- Formular hipóteses: que pasará, canto tardará, como será...
Con todo isto nenos e nenas estarán traballando contidos como...👍👌
- As plantas
- A natureza
- Lectoescritura
- Coidado polo medio natural
- Experimentos científicos
Comentarios
Publicar un comentario