SAÚDOS DA PROFE ELI de RELIXIÓN!!

Ola nenos e nenas de Educación Infantil, son a profe Eli de Relixión. Como estades?


Como vedes eu e as miñas mascotas tamén quedamos na casa!!
Lembrabades!! Víamonos todos os martes á entrada do cole, moitas veces nos recreos, e nalgúns momentos que compartimos actividades todos xuntos. Todos estes pequenos momentos son para min suficientes para botarvos de menos. 

    Espero que o esteades pasando o mellor posible coas vosas familias, nestes momentos tan estraños e difíciles que nos impiden saír de casa e non poder vernos.
    Por iso pensei en propoñervos que a semana que vén, sexa unha SEMANA ESPECIAL, xa que en condicións normais sería a semana de vacacións para TODOS, pero por esta circunstancia que nos fixo quedar na casa, pareceranos unha semana normal como outra das que estamos a vivir desde hai 20 días.
      Pero está nas vosas mans tentar facela distinta, especial e para iso propóñovos que vexades este conto  titulado: “As xirafas non poden bailar”.
     A través desta historia tenra e divertida quero animarvos e convidarvos a CANTAR e BAILAR EN COMPAÑÍA DAS VOSAS FAMILIAS e COA MÚSICA QUE MÁIS VOS GUSTE. 
   Lembrade que a música desenvolve un forte vínculo afectivo, e bríndanos a oportunidade de espertar, estimular e desenvolver emocións e sentimentos que nestes momentos son tan importantes, e que debemos de coidar.
   Así que  durante estes días  DIVERTIRVOS BAILANDO E CANTANDO MOITO, FALANDO E AXUDANDO AS VOSAS FAMILIAS!!!! 
          Un besote moi grande para TODAS e TODOS  e nos vemos á volta!!!
Se queredes mandar algún video ou foto dos vosos bailes e cancións deíxovos o meu correo: elibalado12@gmail.com

Comentarios