OUTRAS ACTIVIDADES DA CLASE DE 3 ANOS

Despois de dar a volta ao mundo 🌍coas súas viaxes, os nenos e nenas de 3 anos aínda tiveron tempo de facer moitas mais cousas. 👀

ALBA, ao volver de Holanda, decidiu que quería facer unha ensalada 🌿pero non tiña leituga así que colleu a súa pa e púxose a plantar leitugas!


VEGA pensou que para poder viaxar polo mundo tiña que aprender idiomas e empezou polo inglés!

IRIA  na súa viaxe a Groenlandia, aprendeu a pescar peixes no xeo e cando chegou a casa quíxolle ensinar a todos a técnica que empregaba.🐟🐡
Como dentro de pouco a súa prima está de aniversario fíxolle un debuxo moi bonito.


E por último rematou cun concerto cunhas maracas feitas por ela mesma!🎵🎶


NORABOA CHIC@S!!!!!


Comentarios