PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº3
Ola, familias! Espero que sigades ben. Como tódolos martes, aquí vai a terceira proposta. Esta semana as mestras queremos que os nenos/as saquen o seu lado máis artístico polo que propoñemos facer MASA DE SAL.
É moi sinxelo, para facela precisades:
- 1 taza de sal
- 2 tazas de fariña
- 3/4 taza de agua
- Elaboración: nun tazón grande mesturar a sal e a fariña xuntas. Despois, ir botando a auga pouco a pouco. Finalmente, amasar. (Se queredes que a masa teña cor podedes botarlle colorante alimentario cando mesturedes a sal e a fariña)
Unha vez feita a masa, podedes comezar a facer as vosas creacións!! 👌
Unha vez que estea feita a obra artística, só hai que metela no forno a 180º (o tempo de cocción depende do tamaño e espesor das creacións). Cando estea lista, se tedes pinturas ou témperas poden pintala ao seu gusto. 👏
Aproveitando a actividade podedes...
- Pesar a masa nunha váscula e traballar cantidades
- Facer "boliñas" pequenas, grandes, medianas...
- Tocar e probar os ingredientes (a textura da fariña, probar a sal, a textura da masa xa feita...)
Con todo isto os nenos e nenas estarán traballando contidos como...
- Psicomotricidade fina
- Creatividade
- As texturas (salado, blando, duro...)
- Lóxico-matemática: cantidades, tamaños...
Comentarios
Publicar un comentario