SEGUNDA SESIÓN DE CONTACONTOS

Nestes momentos excepcionais que estamos vivindo, ao lado das nosas familias, é fundamental que non esquezamos que importantes son os agarimos, as apertas, os bicos... As mostras de cariño e a xenerosidade é o que nos vai a axudar a superar esta situación, todos e todas unidas, apoiándonos conxuntamente. 
Por iso, aprobeitando que o pasado 13 de abril foi o 😘DÍA INTERNACIONAL DO BICO😘, as mestras de infantil queremos aportar o noso graniño de area a través deste pequeno contacontos e mandar un BICO MOI, MOI GRANDE a todos os nosos nenos e as nosas nenas, que se están convirtindo nuns campeóns e campionas, aguantando día tras día o confinamento.

Despois de ver este conto aproveitade para dar unha mostra de cariño aos vosos pequen@s, que tan ben se están portando. Dádelle bicos, apertas, xogade a facervos cóxegas!! Pasar un rato agradable e divertídevos en familia!!

Nós, as mestras, estamos desexando que os nenos e as nenas volvan ás aulas e poder darlle esos bicos e esas apertas que tanto nos gusta dar.
BIQUIÑOS PARA TOD@S!!👄👄



Comentarios