Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

NOVO CONTIÑO PARA HOXE

Ola a tod@s!! Aquí vai un dos meus contos favoritos. Fixéronme este regalo cando acabei os meus estudos de mestra e lembro lelo moitísimas veces. A que lembro con máis cariño é cando llo lin á miña primeira clase de nenas e nenos de 3 anos , xa no 2003!! Como pasou o tempo, pero este conto segue sendo un esencial na biblioteca de infantil... Desfrutade con esta versión, un pouco de andar pola casa, do COELLIÑO BRANCO !!

PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº4

Imagen
Imos con outra semana máis, desta vez con novidades porque por fin os nenos e as nenas poden saír a rúa!! Dende aquí animámosvos a que nos ENVIEDES FOTOS DOS VOSOS FILLOS/AS NA RÚA!! 🎥Queremos ver cómo desfrutaron despois de estar tanto tempo na casa. Ademais, este martes queremos que o alumnado de infantil intente PLANTAR semillas de cenoria, lentellas e patacas. Para plantar CENORIAS tedes que:🌿 Coller un prato fondo Cortar a cenoria deixando unha soa base, por onde crecen as follas  Poñer a parte cortada no patro fondo cun pouco de auga (sen chegar a cubrir de todo) Poñer á luz do sol e esperar entre 7 e 10 días Cando saian os primeiros brotes transplantar a un recipiente con terra Para plantar LENTELLAS tedes que:🌿  Poñer un pouco de algodón mollado con auga dentro dun vaso Poñemos un puñado pequeno de lentellas enriba do algodón Poñer á luz e esperar 2 ou 3 días (botar un pouco de auga se é necesario) Para plantar PATACAS tedes que:🌿 Pinchar ca

AS OBRAS DE ARTE DA AULA DE 3 ANOS

Imagen
Ola a tod@s!!! Unha semana mais que pasou e unha semana menos que queda para vernos!!!!!👀👍 Esta semana propuxémosvos unha actividade na que tiñades que desenvolver a vosa creatividade e, como sempre, fixéchelo xenial!!!!👏👏👏 Sodes uns e unhas artistas!! Que non me credes!!????😓 Pois mirade!!!!! OLIVIA fixo unhas tartas 🍰 que nin na mellor pastelería poderías atopar unhas así! Que boa pinta!!!😋 MARTIÑO preferiu facer uns animaliños e quedáronlle tan ben que parecen reais! Que medo dá esa serpe!!!🐍 A MARTÍN o que mais lle gustou foi pesar e medir os ingredentes e quixo deixar a súa pegada para a posteridade.✋ IRIA   e o seu irmán ANDRÉS mezclaron, amasaron, moldearon e pintaron unhas creación que xa quixeran ter os mellores museos nas súas exposicións!😍😍 E, despois de facer as súas creación, tamén tivo tempo de probar as cousiñas que lle chegaron de parte do cole. ALBA deu renda solta a súa imaxinación e moldeou un montón de cousas, desde

RESUMO DOS TRABALLOS FEITOS NA SEXTA SEMANA!!

Imagen
Ola a todas e todos!! Comezamos a sétima semana  na casa, ánimo, sodes unhas campeonas e campeóns .  A semana pasada fixeramos unha propostiña para xogar con masa de sal, mirade como Lois e Laia traballaron e que fermosas creacións fixeron. Mirade a Laia   E aquí vedes a Lois mans á obra  Seguide así, na casa, traballando un pouquiño se nos apetece, axudando na casa a papá e mamá e SORRINDO CADA DÍA!!

Traballos - Proposta 3 - Clase 4 anos

Imagen
Ola, ola!! Hai que ver canta creatividade saiu desta actividade, que cousas máis bonitas fixeron estes nenos e estas nenas!! Aquí temos a NAHIA explicándonos o que ía facer: E así foi o resultado: Aquí tamén podemos ver a PAULA coas mans na masa: SERGIO optou por facer uns emoticonos moi modernos!! Quedáronlle moi simpáticos TEO e o seu irmán ÁLEX tamén estiveron traballando moito. Fixeron moitísimos moldes, un robot e unhas boliñas: ADA fixo masa de sal de moitas cores: Despois comezou a moldear as súas figuriñas e a facer formas con outros moldes: Directo ao forno e... NOELIA tivo moita imaxinación e fixo unha serpe, unha tartaruga, un volcán, un bonequiño... e moi ben pintado!!