2º DÍA DESTES "DÍAS RAROS"

Querias familias e nenas e nenos da clase de 5 anos. Parace ser que este ano será un pouco diferente aos demais, un ano atípico... e non imos vernos durante uns días, pero, podemos seguir en contacto e tentar facer todas esas cousas que nos gusta facer.
Estou segura de que estas pequenas xirafas botan de menos  O OBRADOIRO DE COCIÑA. Que vos parece se hoxe, na casa facemos unha receita con el@s e logo compartimos os resultados? Animádevos!! Enviades ao meu enderezo electrónico as fotos do voso doce e logo eu comparto para tod@s por aquí, así as nenas e nenos tamén se verán.
Como non sei que ingredientes teredes na casa e o mellor é saír o mínimo, porei varias alternativas para que escollades:

    Preme para ver videoreceita

Biscoito de cenoria

Ingredientes:
  • 250 g de cenorias crudas (xa peladas e ralladas).
  • 200 g de fariña.
  • 7 g de levadura en polvo 
  • 125 ml de aceite de xirasol (podedes usar de oliva pero daralle un sabor máis forte ao pastel de cenoria)
  • 4 ovos.
  • 200 g de azucre.
  • Como facer biscoito de cenoria o carrot cake

    Trituramos as cenorias xunto co aceite.
    Botamos os ovos  nun bol e batémolos co azucre, engadindo logo a pasta de cenoria que  prepararamos con anterioridade. Incorporamos a fariña e a levadura tamizadas e mesturamos con coidado.
    Engrasamos con aceite ou mantequilla un mole de 24 cm e botamos a masa. Hornear a 185ºC uns 30 minutos ou hasta que vexamos que ao pinchar cun palillo ou a punta dun coitelo o centro do biscoito de cenoria éste sae limpo.
  • Biscoito de iogur preme para ver videoreceita

    Ingredientes:
    • 1 iogur de limón
    • 1 medida (co vasiño de iogur) de aceite de xirasol
    • 2 medidas(co vasiño de iogur) de azucre
    • 3 medidas (co vasiño de iogur) de fariña
    • 3 ovos
    • 1 sobre (16g) de levadura en pó
    • Mantequilla ou margarina para engrasar o molde

    Como facer biscoito de iogur de limón:

    Bizcocho de yogur receta
    Precalentamos o forno a 180ºC.
    Botamos o iogur nun bol e empregamos o vaso como medida. Bater os ovos co azucre, e logo engadir  a levadura coa fariña tamizada e o aceite. Utilizaremos a batidora eléctrica, batendo despois de cada adición dun novo ingrediente.
    Volcamos sobre un molde desmontable untado de mantequilla e espolvoreado con fariñaa para que logo resulte fácil desmoldar o biscoito.
    Horneamos durante 30-35 minutos a 180ºC, ou hasta que vexamos que a punta dun coitelo sae limpia ao pinchar no centro do biscoito.
    Desmoldamos y dejamos enfriar.
  • Veña...hoxe todos a cociñar para que a tarde se faga máis curtiña. Enviademe as fotos e lembrade que isto non é obrigatorio senón voluntario.
  • Bicos agarimosos para tod@s!!

Comentarios