OS VOSOS TRABALLOS

Ola chic@s!!! Como estades! Lembrades a actividade que vos propuxe para facer estes días? A do gorro do cerebro? Pois Alba xa a fixo e quere que vexades o ben que lle quedou!




A verdade que está xenial!!!! Parabéns Alba por un traballo ben feito!

Vega e a súa mami tamén traballaron moito e fixeron este debuxo do sistema respiratorio e dixestivo, decorado con goma eva de purpurina. Gran traballo!!! Quedou moi chulo!
E como non tiñan impresora e non puideron imprimir o gorro do cerebro pois puxeron a imaxinación a traballar e crearon este sistema nerviosos tan orixinal!


 Matín tamén púxose máns á obra e traballou moito durante estes días e tamén fixo o seu gorro de cerebro. E como sabía que o cerebro é o que manda as mensaxes ao resto do corpo pois o seu gorro tamén enviou as súas mensaxes. Mirade a foto!

 Ademais, fixo dous xogos moi divertidos sobre o corpo humano. O primeiro é un laberinto de canicas coas partes do sistema dixestivo e o segundo é un xogo de quitar e poñer os órganos do corpo humano no seu sitio correspondente. E por último fixo un debuxo do corpo humano con todos os seus sistemas: respiratorio, dixestivo, circulatorio, nervioso... Para que sexa mas doado de ver, indicou cunhas flechiñas onde se atopan e escribiu o nome de cada sistema.







































Comentarios