MAIS ACTIVIDADES DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS!!!!

Os nenos e nenas de 3 anos non paran de facer cousiñas na súa casa e xa non tiñamos sitio na outra enrada para poder poñer todas as fotos así que aquí vai unha nova entrada para que vexades todos os vosos traballiños!

Aquí está Adrián que fixo o seu propio "Pitu" (para o que non o saiba, así se chama o esqueleto da nosa clase) e ademais traballou un pouco a grafomotricidade.  Adri, comprobaches se o teu Pitu ten os 206 ósos??






Aroha non se esquece da asemblea e mandounos un vídeo cantando a canción dos días da semana. Lembrades como era? Luns, martes, mércores, xoves... Tod@s a cantar!!!!



A Olivia gústalle xogar a ser profe e aquí a temos lendo un conto! Pois imos contar un conto, un conto moi especial, non sabemos de que trata mais pronto se saberá!!!! Lembrades a canción?

Iria tamén quere que vexamos cantas cousas fixo estes días na casa: cociñou, pintou, fixo deporte, axudou na casa, leu contos.... Con tanta actividade non hai tempo de aburrirse!









Martiño segue na súa escola particular facendo un montón de cousiñas. Desta vez tocoulle plantar limoeiros, tamén fixo unha flor coas súas partes feita de plasti e a Pitusín, o irmán pequeno do noso Pitu!






Comentarios