Manualidades de Castelos

Bo día, familias de 4 anos! Espero que esteades todos e todas ben e que, a pesar da situación que estamos a vivir, aproveitedes para desfrutar en familia.
Así, anímovos a que pasedes o tempo xogando cos recursos educativos, así como tamén se vos queredes unir ás demais actividades que plantexan as miñas compañeiras de infantil, como o biscoito de cenoria ou iogur, estarei encantada de recibir as vosas fotos no correo.
Poño por aquí algunhas ideas sobre castelos que requiren de pouco material, como tubos de papel hixiénico (que de seguro tedes de sobra) ou caixas de cartón. Espero, se queredes e de maneira voluntaria, as vosas manualidades no correo para poñelas no blog posteriormente.
Deíxovos un enlace no que podedes desfrutar de contos en galego, poñóos na clase ás veces
Contos do camiño
Saúdos e apertas moi, moi grandes.




Comentarios