PROXECTO OS CASTELOS: SEGUIMOS TRAENDO INFORMACIÓN DA CASA

O noso proxecto vai vento en popa!! O noso recuncho está cheo de cousas sobre a nosa temática deste trimestre, e é grazas a vos, familias!! 
Sergio fixo coa súa nai un castelo de cartón onde sinalou as diferentes partes con números. Despois as escribiu nun folio e as intentamos localizar por todo o castelo. Fantástico!!
Teo trouxo da casa una catapulca e un arriete. Puxémoslle pompóns á catapulca e estivemos probando a tiralos polo aire. Tamén nos explicou que o arriete serve para que os inimigos abran as portas do castelo cando queren atacar. As dúas son armas de combate.
 Pauli fixo coa súa nai este castelo e púxose na porta vestida de cabaleira medieval, arriba as nenas guerreiras!!
Días máis tarde, Teo volveu traer moita información. Fixo en goma eva o castelo de Frendoal, en Aldán. Tamén recompilou fotografías sobre o castelo e sobre o escudo. Deixounos tamén uns escudos en branco para decorar, pero antes de facelos temos pendente investigar sobre os escudos familiares!!

Grazas pola colaboración!!

Comentarios