8M: Día Internacional da Muller

Que importantes son as mulleres nas nosas vidas! Elas dannos cariño, seguridade, forza, afecto, confianza... Que importante é o traballo de ser mamá, o traballo MÁIS IMPORTANTE DE TODOS.
Quixemos festexar este día escribindo unha carta a aquelas mulleres que temos nas nosas vidas e que son máis importantes para nós: nais, avoas, tías, amigas... 
É incrible ver como a figura da nai prevalece sempre ás demais... Como se nota o importante que son para a vida!!
Non nos podemos esquecer das avoas, como axudan na crianza dos cativos e cativas e, ademais, sempre cumpren os nosos caprichos!

"UNHA MULLER DEBERÍA SER DOUS COUSAS: QUEN E O QUE ELA QUEIRA"
 



Comentarios