NOVEDADES!!

Ola a tod@s, queridas chicas e chicos!!
As profes botámosvos moito, moitísimo de menos. Como sabemos que algúns de vós botades de menos facer asamblea, as mestras estivemos pensando e ocorréusenos facer asemblea virtual, na que non podremos tocarnos, pero si vernos e contarnos cousiñas. Apetécevos?? Dicídelle a mamá e papá que descarguen no móvil a aplicación ZOOM e poderemos comunicarnos, sempre que eles e elas queiran, claro!!
Ademáis, como isto de non vernos se vai alongar un pouquechiño máis, imos a crear unha rutina no blogue. Os martes e venres faremos a Asemblea, os martes farémosvos unhas propostiñas para que poidades entretervos. Os mércores contarémosvos un contiño. E os luns colgaremos no blogue un pequeno víseo ou montaxe con todas as actividades que fixestes, para que todos as vexan. Que vos parece??
Animade ás vosas familias a que participen, se poden, claro porque algunhas mamás e papás aínda que esteamos na casa temos moito traballo.
Veña, que así estes días pasarán máis rápido!! Querémosvos MOITO!!!
Sodes unhas campionas e campións!!

Bicos de Vane, Eli e Evi!!

Comentarios