PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº1
Ola, familias de 3, 4 e 5 anos! Como ben sabedes, esta situación excepcional que estamos a vivir vaise alongar máis do previsto. Por iso, como vos comentamos nunha entrada anterior, imos cambiar a forma de organizarnos no blogue: TÓDOLOS MARTES SAIRÁ UNHA PROPOSTA DE ACTIVIDADE para facer ao longo da semana. Esta proposta abarcará sempre uns contidos do currículo para non perder o ritmo de traballo. Así, a proposta que pensamos é a de facer MANDALAS con utensilios e obxectos que teñades pola casa. Para facer unha mandala ten que haber un obxecto central que inicie a obra. Despois, trátase de ir poñendo de maneira concéntrica obxectos que formen un círculo, de maneira que a obra vaiase facendo cada vez máis grande. Aquí podedes ver algúns exemplos: A mandala pódese facer con utensilios de cociña (culleres, garfos, vasos...), con elementos naturais (se tedes xardín- como follas, flores, paus...-), con material reciclado (tubos de papel, cartón, tapósn de plástico, botes de