AS ÁRBORES DE 3 ANOS
Ola a tod@s!!! Os nenos e nenas da aula de 3 anos traballaron durante toda a semana para crear estas magníficas ábores 🌳🌲cos nomes de tod@s @s seus amig@s! Mirade que bonitos lles quedaron!!!❤❤❤
IRIA colleu paus e follas pola finca, recortou e pegou paus para facer a árbore e pegoulle follas tamén. Por último mamá axudoulle a escribir e recortar os nomes dos compañeiros e ela pegounos na árbore.
MARTIÑO debuxou a súa árbore e adornou todo cuns raios de electricidade, para recargar de enerxía todas as pólas!
ALBA debuxou o tronco da súa árbore, coloreuno de cor marrón e despois nun papel de cor vermello debuxou a todos e todas nós!!!!
AIXA empregou para a súa árbore unha póla de verdade e ao lado de cada folliña escribiu o nome de todos e todas os seus amigos e amigas
ADRIÁN desfrutou coloreando e tamén axudou a pegar e contar os nenos e nenas que hai na súa clase e a repasar os nomes e situalos
MARTIÑO debuxou a súa árbore e adornou todo cuns raios de electricidade, para recargar de enerxía todas as pólas!
ALBA debuxou o tronco da súa árbore, coloreuno de cor marrón e despois nun papel de cor vermello debuxou a todos e todas nós!!!!
AIXA empregou para a súa árbore unha póla de verdade e ao lado de cada folliña escribiu o nome de todos e todas os seus amigos e amigas
MARTÍN empregou a técnica da acuarela para pintar a súa árbore. Puxo uns botes para deixar espacio para debuxar aos seu amigos e amigas e depois repasou o nome de cada un deles para finalmente pegar todo na súa árbore.
PARABÉNS A TODOS E TODAS POR ESTES MAGNÍFICOS TRABALLOS!!!!!
AROHA tamén empregou as acuarelas para facer a súa árbore dos compañeiros e compañeiras, escribiu o nome de todos e fixo un debuxiño de cada un.
PRECIOSAS ESTAS ÁRBORES!!
ResponderEliminar