AS PLANTACIÓNS DA AULA DE 3 ANOS

Ola de novo a tod@s!!!! Esta semana propuxémosvos que vos convertirades en xardineiros e xardineiras🌻🌺🌼 e que fixerades as vosas propias plantacións 🌱🌱na casa🏠 e aquí tedes o resultado, bueno, o resultado non porque para iso haberá que esperar un tempiño mais⌚, pero si que tedes o proceso e algún que outro cambio, a ver se os atopades!👀

ADRIÁN optou polas cenorias e penso que este verán vai ter un mañuzo delas!!!!🌱🌱🌱🌱🌱


 IRIA decidiu poñer unha plantación de lentellas que co tempo que estamos tendo a verdade e que apetece comer un platiño delas!!!!🍲🍲🍲 E para acompañar tamén puxo unha pataquiña, que nunca está de mais!
 ALBA decidiu que o mellor era plantar un poquiño de todo, por se acaso algo non nacera non quedar con fame! 🌱🌾
E pasados uns días xa parece que algo empezou a brotar! Mirade!!!👀👀👀
VEGA pensou que o mellor era plantar patacas e cenorias para poder facer unha ensalada frequiña no verán!🌿🌿🌿

MARTÍN preparou os botes, colleu as lentellas, cenorias e patacas y fixo un rexistro para ir anotando cada día os cambios que había na súa plantación!
Todos os días ía mirar se algunha da súas plantas crecían e botáballes un pouquiño de auga para que non pasaran sede 🌊🌊 e un día mirou que as lentellas saíron follas e raíces e as patacas parece que lle está empezando a saír raíces así que anotouno no seu rexistro.
A plantación de AROHA está composta por cenorias e lentellas, coas que cando medren faremos un plato para chuparse os dedos!!!!✌🍲🍛


MARTIÑO tamén fixo a súa plantación e puso un pouquiño de todo: cenorias, lentellas e patacas.
OLIVIA optou por plantar cenorias e lentellas e mirade que grandes están xa!!!!


AGORA A SEGUIR ESPERANDO E OBSERVANDO OS CAMBIOS!!!!!

Comentarios