SEGUNDO EXPERIMENTO

Estades preparados e preparadas para o experimento desta semana? Xa vin que o experimento do volcán gustouvos moito, así que mans á obra!! Imos xogar coas cores!!

Materiais:
  • Filtros de café (ou papel de cociña)
  • Rotuladores
  • 1 prato
Pasos:
  • Recorta unha das caras do filtro de café (ou ben colle papel de cociña)
  • Marca una liña de rotulador un pouco máis arriba do borde inferior
  • Molla o borde inferior nun prato con auga, SEN QUE A AUGA TOQUE A LIÑA FEITA POLO ROTULADOR, durante case un minuto e medio
  • Pon o filtro de café/papel de cociña sobre un periódico vello
  • Espera un anaco e observa como a tinta do rotulador esténdese por todo o papel
Variantes:
  • Proba a facer o experimento con outras cores, verás como cambian según a cor empregada
  • Recorta o filtro de café ou papel de cociña en forma de círculo e fai unha mancha redonda no centro co rotulador. Deixa caer unhas gotas na tinta e observa qué sucede desta vez 
Explicación:

A tinta ten varios pigmentos. Ao entrar en contacto coa auga, a tinta disólvese, esténdese e divídese en distintos pigmentos (por exemplo, se usas tinta laranxa, que está composta por rosa, laranxa e amarelo, verás como se dividen e aparecen os tres pigmentos no papel). Este proceso de separación de pigmentos chámase cromatografía. 

Esperamos as vosas fotos coloridas!! Ata a semana que vén, bicos das mestras de infantil

Comentarios