PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº5

Bos días familias, aquí estamos un martes máis con cousiñas novas que proporvos!!

Esta semana temos unha actividade para recordar aos nosos compañeiros e compañeiras: FAREDES UNHA ÁRBORE DA ESCOLA. Para facela, podedes seguir os seguintes pasos:
  1. Debuxar ou facer con cartolina unha árbore con tantas pólas como nenos e nenas hai na vosa clase
  2. Despois, facer follas onde debedes debuxar a cada compañeiro ou compañeira, co seu nome correspondente debaixo
  3. Por último, pegar as follas nas pólas e poñerlle un título á árbore
Estas poden ser algunhas ideas:





A partir deste traballo podedes...
  • Xogar cos nomes: ordenalos e clasificalos por tamaños (nomes curtos, longos), por letras (os que empezan pola A, pola N...)
  • Contar cantas letras ten cada nome e despois agrupalos (nomes que teñan 3 letras, que teñan 5...)
  • Facer a vosa árbore xenealóxica familiar
  • Xogar ao "quen é quen": é unha nena, empeza pola A, quen será?
Con todo isto, nenos e nenas estarán traballando contidos como...
  • Lectoescritura
  • Debuxo
  • Lóxico-matemática: curto, longo, conteo, clasificación...
ESPERAMOS OS VOSOS TRABALLOS!! MOITAS APERTAS DAS MESTRAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Comentarios