PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº7

Ola!! Xa estamos a finais de maio e, aproveitando estes días tan bos, queremos propoñervos facer un ABECEDARIO NATURAL. Podedes coller os elementos naturais que teñades pola casa ou ben aproveitar para saír a dar un paseo polas zonas naturais tan bonitas que temos no noso concello e recolectar alí folliñas, pedras, pétalos, flores, froitos...
Unha vez que teñades feito o voso abecedario, ou ben cada vez que fagades unha letra, teredes que buscar na casa un obxecto que EMPECE POR ESA LETRA.

A raíz disto podedes traballar tamén...
  • Clasificar os elementos por texturas, tamaños...
  • Crear mandalas
  • Facer números
  • Facer o nome propio, os nomes dos membros da familia, dos compañeiros e compañeiras de clase...
Con todo isto nenos e nenas estarán traballando contidos como...
  • Lectoescritura
  • Motricidade fina
  • Clasificación

Moitos abrazos de parte das mestras de infantil!!!

Comentarios