SEMANA ESPECIAL

Ola a todas e todos,familias e nenas e nenos!!
Esta semana é unha semana especial, sabedes por qué?? Porque este venres celebramos algo moi moi importante e moi significativo: O DÍA DA FAMILIA!!
As profes tiñamos previsto facer algo especial no cole, non volo contamos porque así podemos deixalo para facer o ano que vén, ssshhhh!! Como vai ser imposible, cambiamos o plan porque o que non queriamos era deixar este día sen celebración. Máis que nunca nestes días nos que estamos na casa e vivimos esta incertidume e preocupación pola saúde dos que queremos.
Pois ben, as mestras pensamos que podería ser bonito facer o venres unha actividade en familia.
UNHA CÁPSULA DO TEMPO que reteña para sempre as vivencias destes días, para lembralas máis adiante, anos despois.
A idea é coller unha lata como a do cacao, por exemplo, ou unha caixa de plástico, botella... algo que non se pudra. Dentro desta lata podemos poñer o que queiramos. Ideas: unha foto da familia, un debuxo noso, un obxecto, un escrito co que está a pasar estes días, como vos sentides..., unha papel no que poñades os anos que tedes, canto pesades e medides, as vosas cousas favoritas (cor, comida, xoguete, animal, canción, sitio...), o voso mellor amigo ou amiga, o que queredes ser de maiores...
Unha vez feito todo isto metédelo no bote, caixa, pechádelo ben e enterrádelo.

Para enterralo é importante que anotes donde, para lembrarnos no futuro e poder recuperalo. Facede un buratiño, non moi profundo e, todos xuntos, EN FAMILIA, metedes ahí dentro a caixiña. Podedes facelo con música e así SEMPRE lembraredes esa canción que está a soar.

Qué bonito nuns anos, cando sexades maiores e volvades á casa de papá e mamá, ou a ese sitio que escollestes para enterrar a cápsula poidades ver o que contén!! Nese momento xa non vos lembraredes, veredes que sorpresa. Ao mellor nese momento xa tedes fillos ou fillas e podedes ensinarlles o que fixestes.

Esperamos que vos animedes a facelo e nos fagades chegar as fotos deste momento tan especial. Gustaríanos que o desfrutedes e de paso poidamos agradecer o bonito que é compartir coa nosa familia momentos tan significativos e bonitos. Veña, esperamos as fotiños!!

FELIZ DÍA DA FAMILIA!!
                                                  

Comentarios