PROPOSTA DA PROFE ELI de RELI


PEQUENOS XESTOS, GRANDES ACCIÓNS
Bos días PEQUES de INFANTIL!! Como estades? 
A miña proposta para esta semana é a seguinte:
  • Mira os debuxos: Que pensas, que che vén á cabeza, que sentes ó velo?
  • Clica sobre os debuxos e verás uns  vídeos

      
·       Gústaronche? Que pensaches cando os estabas vendo? Que sentiches?..
Estes curtos ensínannos que as persoas podemos realizar no noso día a día Pequenas Accións que Melloran a  Vida dos Demais

Tamén nos fai ver que cando realizas BOAS ACCIÓNSrecibes EMOCIÓNS, fas FELIZ a quen che rodeae a TI mesmo. Ademais esta AMABILIDADE contáxiase creando unha Cadea de Actos SOLIDARIOS que fan que este MUNDO sexa un lugar MELLOR.

Despois de esta pequena reflexión, propóñovos facer unha CADEA DE AGRADECEMENTOS, para brindar unha homenaxe a TODA As PERSOAS, desde os profesionais da sanidade (doutores, enfermeiras, auxiliares, limpadoras…) ata o resto de sectores, ás veces non tan visible, pero que, co seu traballo e esforzo, axudáronnos a protexernos e a soportar mellor esta situación que estamos a vivir. Seguro que coñecedes a moitas/os: pais, nais, transportistas, policías, farmacéuticas/os, mensaxeiros/as, persoal de mantemento,  empleadas/os dos supermercados...

📖🎨Para iso gustaríame queFixérades un CARTEL poñendo a palabra GRACIAS AS/OS …. e o sector que TI creas que tamén axudaron a levar mellor esta situaciónLembra colorealo e decóralo ó teu gusto!!Déixovos algúns exemplos…


E lembra: COLOREA O TEU MUNDO CON AMABILIDADE!!!

Comentarios