AS EMOCIÓNS COA PROFE ELI de RELI
Ola, bos días familias e peques de infantil!
Que tal o estades pasando agora que xa podedes saír un pouquiño?
Sabedes unha cousa??
Nestes días na miña cabeza xorden mogollón de Sentimentos e Emocións. As veces está feita un lío. Isto inclúe desde as pequenas picadas de TRISTEZA, o terrible e escuro MEDO, as chispas que saltan cando me xurde o ENFADO, e ata as cóxegas de ALEGRÍA que é a miña META DIARIA!
E a vós ocórrevos o mesmo?
Así que pensei no Monstro de Cores cando estaba feito un lío e dos "EMOS", lembrades?
Pois aquí están.
Se queredes ver o conto do Monstro de Cores clicar nel.
E se queredes descubrir algunha sorpresa, que quizá vos poida axudar, teredes que clicar en cada un dos “EMOS”. A ver que atopades?
Espero que vos gusten!!!
Se queredes podedes mandarme algunha foto coas vosas caras alegres,
tristes, enfadadas ou aburridas…ó correo:
Comentarios
Publicar un comentario