AS CÁPSULAS DO TEMPO DOS NEN@S DE 3 ANOS

Como xa sabedes, o pasado venres 15 de maio celebramos o Día da Familia👪 e as profes propuxémosvos unha actividade moi chula na que tiñades que facer unha cápsula do tempo⌚: cada un tiña que elixir que quería gardar na súa cápsula e despois enterrala para dentro duns anos volver a buscala e lembrar as cousiñas que gardáchedes.
Pois mirade as cápsula que fixeron os nenos e nenas de 3 anos 👀👀

A cápsula do tempo de VEGA está composta por un debuxo da súa familia, unha mostra da súa escritura, unha cuncha porque lle encanta a praia, un cervo porque lle gustan os animais e outras cousiñas varias.


ALBA colleu un tupper e dentro puxo unha foto dela, unha boneca de Pepa Pig e outras cousiñas varias. Púxello a tapa e escribiu a data na que fixo a súa cápsula e despois foi a enterrla ao xardín.



E como era o Día da Familia, ADRIÁN pediu axuda ao seu irmán Cristian para facer a súa cápsula do tempo. Para iso fixeron uns debuxos por cada membro da familia e meteron todos os debuxos nun sobre no que puxeron a data. Por último meteron o sobre nun bote de cristal que enterraron no xardín.

DENTRO DUNS ANIÑOS, CANDO SEXADES MAIORES E XA NON ESTEDES NO COLE TEDES QUE VOLVER AO LUGAR NO QUE ESTÁ A VOSA CÁPSULA DO TEMPO. XA VEREDES QUE SORPRENDID@S QUEDADES DAS COUSIÑAS QUE PUXÉCHEDES!!!!!!

Comentarios