PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº8

Ola familias! Esperamos que con este bo tempo esteades a desfrutar moito do sol 🌞 dando paseos, estando na piscina ou dando un pequeno chapuzón na praia🌊. Nós seguimos coas propostas e hoxe traemos algo moi sinxeliño de facer, xa que estamos na recta final e sabemos que estades moi cansos. 

🌟Para o primeiro xogo precisades un folio, cartón ou cartolina e legumbres. Nela tedes que escribir os números do 0 ao 10. Debaixo de cada número hai que poñer a cantidade de legumbres correspondentes. Este é un exemplo para que vexades a idea principal:


🔆Despois, con obxectos que teñades pola casa tedes que construir varias torres, tamén con elementos do 0 ao 10. Podedes utilizar bloques de construción, vasos de plástico, tubos de papel hixiénico, caixas de cartón, latas...



🌐Finalmente, tedes que buscar pola casa obxectos que sexan da mesma cor e agrupalos. Todos os obxectos amarelos, todos os azuis... E contar cantos obxectos hai en total en cada colección, escribindo o número debaixo.


Con todo isto, nenos e nenas estarán traballando contidos como...
  • As cores
  • Asociación grafía-cantidade
  • Concentración e atención
  • Motricidade fina
  • Clasificación e conteo
A raíz disto tamén podedes...
  • Dicir un número o azar e buscar tantos obxectos como indica o número
  • Facer grupiños de poucos/moitos legumbres
  • Construir torres altas/baixas/iguais
  • Se tedes bloques de construción, facer torres de dúas/tres cores (azul, amarelo, azul, amarelo...)
Que pasedes unha boa semana e mañá volveremos cun novo experimento!! Apertas das mestras de infantil 😊

Comentarios