Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

ANIMALS AT ABELENDO SCHOOL

Imagen
Ola! Hoxe querovos presentar un libro moi especial. Foi xa algúns anos que decidín escribir e ilustrar un conto e adicarselo a todos os meus alumnos e alumnas de Abelendo. Foi un proxecto moi ilusionante.  Inda que naquel tempo algún de vos non estabades no colexio, hoxe volo vou adicar tamén a todos vós como alumnos e alumnas miñas que sodes. Pero non todo o mérito é meu. Os meus alumnos/as de Sexto de primaria daquel ano, puxeron as voces os animáis...sí, sí, e que o nome do conto é ANIMALS AT ABELENDO SCHOOL . A historia vai dunha serie de raros animáis que visitan o colexio e van pasando por todas as aulas. Agora que non podemos ir o cole, penséi que sería unha boa maneira de recordarlo. Agardo que vos guste!. Un saudiño da teacher Belén

REGULACIÓN EMOCIONAL COA PROFE ELI RELI

Imagen
Bos días PEQUES de INFANTIL, como estades? Hoxe déixovos unha actividade para axudarvos a  REGULAR as EMOCIÓNS  cando vos sintades nerviosos, enfadados… Un pouco difícil verdade? Pero imos tentar  Unha pista : está relacionado co que fai este  EMO  que vos poño a continuación: Siiii, está a respirar!!!    - ¿Quieres que te enseñe a respirar?  ¿R E S P I R A R? ¡Si yo ya sé respirar!!!  Así comeza o   C onto  que vos deixo a continuación   “RESPIRA”   Preguntarédesvos por que é importante respirar ben?  Pois ben,  a respiración relaciónase directamente coas nosas emocións :  cando estamos nerviosos, a respiración é rápida e sonora; cando estamos tranquilos, é pausada e harmónica.  Por tanto,  se en momentos críticos sabemos controlar a respiración, poderemos actuar con serenidade.   Respirar profundamente axudaranos a tranquilizarnos, a concentrarnos cando temos mil ideas na cabeza ou a durmir cando as preocupacións asáltannos.  Por iso a autora dest

OS TRABALLIÑOS DA AULA DE 3 ANOS

Imagen
Ola a tod@s!!!! Esta semana os nenos e nenas de 3 anos traballaron un montón e fixeron uns abecedarios naturais do mais orixinal empregando distintos materias: follas, flores, plumas, cunchas, pedras… 🌸🍃🍀🌹 Mirade o fermoso que quedaron 👀👀💓 Este é o abecedario de MARTÍN  E aquí vai o de ALBA E este é o abecedario que fixo IRIA coa axuda do seu irmá Andrés E por último AROHA fixo con flores a letra do seu nome e aproveitou para facerse unha pulseira. Despois de tanto traballar chegou a hora de divertirse e que mellor forma de facelo que co experimento desta semana: os volcáns!!!!!!! MARTÍN pasouno xenial preparando todos os ingredientes para os seus volcáns que foron de 5 cores diferentes.   ALBA tamén o pasosu xenial cos seus volcáns!!!

SEGUNDO EXPERIMENTO

Estades preparados e preparadas para o experimento desta semana? Xa vin que o experimento do volcán gustouvos moito, así que mans á obra!! Imos xogar coas cores!! Materiais: Filtros de café (ou papel de cociña) Rotuladores 1 prato Pasos: Recorta unha das caras do filtro de café (ou ben colle papel de cociña) Marca una liña de rotulador un pouco máis arriba do borde inferior Molla o borde inferior nun prato con auga, SEN QUE A AUGA TOQUE A LIÑA FEITA POLO ROTULADOR, durante case un minuto e medio Pon o filtro de café/papel de cociña sobre un periódico vello Espera un anaco e observa como a tinta do rotulador esténdese por todo o papel Variantes: Proba a facer o experimento con outras cores, verás como cambian según a cor empregada Recorta o filtro de café ou papel de cociña en forma de círculo e fai unha mancha redonda no centro co rotulador. Deixa caer unhas gotas na tinta e observa qué sucede desta vez  Explicación: A tinta ten varios pigmentos. Ao entra

PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº8

Imagen
Ola familias! Esperamos que con este bo tempo esteades a desfrutar moito do sol 🌞 dando paseos, estando na piscina ou dando un pequeno chapuzón na praia🌊. Nós seguimos coas propostas e hoxe traemos algo moi sinxeliño de facer, xa que estamos na recta final e sabemos que estades moi cansos.  🌟Para o primeiro xogo precisades un folio, cartón ou cartolina e legumbres. Nela tedes que escribir os números do 0 ao 10. Debaixo de cada número hai que poñer a cantidade de legumbres correspondentes. Este é un exemplo para que vexades a idea principal: 🔆Despois, con obxectos que teñades pola casa tedes que construir varias torres, tamén con elementos do 0 ao 10. Podedes utilizar bloques de construción, vasos de plástico, tubos de papel hixiénico, caixas de cartón, latas... 🌐Finalmente, tedes que buscar pola casa obxectos que sexan da mesma cor e agrupalos. Todos os obxectos amarelos, todos os azuis... E contar cantos obxectos hai en total en cada colección, escribindo o nú

Traballos - Proposta 7 - Experimento 1 - Clase 4 anos

Imagen
Bos días nenos e nenas!! Xa estamos na recta final do curso, o estades facendo xenial e xa falta pouco para as vacacións de verán 🌞. Todos e todas estades a seguir un bo ritmo de traballo e estou moi contenta co resultado das actividades propostas, así que gustaríame que as familias felicitaran aos nenos e ás nenas polo esforzo destes meses e lles desen un bico grande da miña parte. Espero poder veros en xuño 😀 Aquí van as fotiños da actividade e do experimento desta semana. Vexo que o experimento gustou moito, alégrome e espero que o desfrutarades moito facendo.  NAHIA fixo un vídeo moi simpático co seu abecedario natural: 🌻 Paula fixo un gran esforzo porque ademais de facer o abecedario, colocou un obxecto ao lado e escribiu todas as palabras ela soa. 🌺 ADA aproveitou a súa recolecta dos paseos e ocupou toda unha mesa cun abecedario xigante:🌹 SERGIO colocou todo o seu abecedario nun cartón reciclado e tamén escribiu todas as