Entradas

Primer día de colexio na clase de 5 anos

Imagen
Ola familias!! Xa comezamos de novo este curso tan diferente e complicado. Os nenos e as nenas da clase de 5 anos xa son os mais maiores do ciclo de infantil e hoxe fixéronno xenial coas súas rutinas de entrada, saída e hixiene. Todas as mestras de infantil estamos poñendo todo da nosa parte para crear o entorno educativo o máis seguro posible, pero as cousas non son fáciles, sobre todo á hora de manter as distancias. Aínda así farémolo o mellor que poidamos. Aquí vos deixo unhas fotiños do primeiro día, onde merendamos e xogamos moito ao aire libre por diferentes zonas da escola. Ademais de xogar nos recantos de maneira individual. Bicos e boa finde.

Despedida profe Andrea

Imagen
Este curso tan atípico llegó a su final. Me ha encantado ser vuestra profe de "Estimulación del lenguaje oral" este curso.  Os dejo aquí un vídeo de despedida y un enlace a unos vídeos de juegos y cuentos que he creado para vosotros.Un beso enorme Pincha aquí para el enlace a los juegos y cuentos.

DESPEDIDA CURSO 2019-2020

E xa chegou o último día de cole!!!!! Este ano un pouco diferente porque non podemos estar xuntos nin darnos os bicos e as apertas que tanto nos gustan pero coa mesma ilusión e con moitas mais de ganas de volver a estar xuntos de novo. 💏💑 Para despedir este curso aquí tedes o vídeo coas vosas mensaxes de cariño , cos vosos bailes e coa vosa alegría que é o motor dos nosos días. Esperamos que vos guste! Un bico enorme das vosas profes.💋💋💋💖💕 Vane, Eli e Evi

Traballos - Proposta 10 - Clase 4 anos

Imagen
Agora sí, isto xa rematou!! A só tres días de que remate o colexio, imos coas fotos da última proposta deste curso tan especial. O que se pode aproveitar unha caixa de cartón!! Nahia fixo unha marabillosa casa de bonecas👪Ten bañeira, cadeiras, mesas, escaleiras e ata unha cama!! Tamén fixo coa súa tía un palo de choiva, serve para relaxarse 🙅 No vídeo está toda a explicación detallada: E Paula elaborou un magnífico maletín escolar💼. Forrou toda a caixa cun papel de princesas e dentro puxo uns compartimentos para gardar rotuladores, lapis, pegamentos... Teo ten moitas elaboracións🔨: fixo unha caixa con diferentes residuos plásticos, coches con rolos de papel e un lapicero cun bote de xel. Atentos e atentas aos vídeos de Li. Que estará facendo? Botádelle un ollo para averigualo👀 Son dúas cousas moi orixinais que de seguro a ninguén se lle ocorreu que se poden facer con plástico Nesta foto de Sergio pódese ver os seus novos obxectos reciclados co

A ULTIMA PROPOSTA DA TEACHER BELEN

Imagen
Bos días nenos e nenas de Infantil, O verán está ahí, á volta da esquina e con él as vosas merecidas vacacións!. A miña proposta para as próximas semanas é moi fácil: Pasádeo xenial, Disfrutade do sol e da praia , f acede as cousas que máis vos gusten e que os vosos sonos se fagan realidade . Pero sobre todo cantade e bailade moito!! ! Aquí déixovos esta canción que di exáctamente o que vos pido. Agardo que vos guste tanto coma mín.😎 Lots of love from your teacher Belén.  Have a wonderful summer!!

SAÍDAS Á CONTORNA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

Imagen
Como sabedes, o pasado 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medioambiente e para celebralo os nenos e nenas da aula de 3 anos saíron coas súas familias a desfrutar do privilexiado entorno natural que temos. ALBA foi a pasear coa súa familia a Meiro, desfrutou motísimo e aproveitou para recoller algo de basura e facerlle unha foto preciosa a unha flor. 🌷🌸 AROHA aproveitou a súa saída para facer un picnic e xogar nas árbores e tamén o pasou xenial! 🌳🌲🍒  No paseo de MARTÍN atopou moitas á rbores diferentes como xestas, castiñeiros, eucaliptos, piñeiros... E moitos herbas que xa coñecía como as silvas e os fentos e ata unhas plantiñas de amorodos. Tamén merendou nunhas mesas que estaban debaixo duns castiñeiros e había unha fonte o lado na que tirou unha folla de fento para ver como se ía coa corrente polo regato. Despois foi dar un paseo no que atopou unha arbore caida e montouse enriba!!!! E despois de dar os seus pase

Traballos - Proposta 9 - Experimento 3 - Clase 4 anos

Imagen
Aquí estamos de novo unha semana máis, a penúltima!!  A Ada e a súa familia encántalle realizar rutas e saír a pasear por entornos naturais, así que acercáronse ao Lago Castiñeiras, á finca de Frendoal, a Chan D'Arquiña e á Cruz do Paralaia.🍀 Aquí tamén a podemos ver desfrutando na súa casa, non todo vai ser traballar!! Nahia aproveitou a súa saída coa súa irmá Xiana para quitarlle fotos a flores, cogumelos, árbores...🌺 Li foi a un lavadeiro antigo coa súa curmá Aroha e acompañado dos seus cadeliños. Alí aproveitaron e puxéronse a pescar 🐟 Paula acercouse ao monte do Carrachal. Subiuse a unha árbore, quitoulle fotos a unha piña, nunha fonte... Que ben o pasou!🍃🍄 Sergio achegouse ata a Poza da Moura e alí desfrutou das boas vistas e dalgún animal que atopou polo camiño🐍. Ao chegar a casa fixo un debuxo da súa saída cos seus acompañantes, non falta detalle.🌿 Teo mándanos fotos por diferentes sitios aos que foi, como o sende