Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Día de Rosalía de Castro

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO 24 DE FEBREIRO

Imagen
Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria saímos polas rúas de Abelendo a repartir claveis vermellos e poemas de Rosalía de Castro. A verdade é que o pasamos bastante ben!!! Despois xuntámonos na biblioteca do cole para recitar poemas da nosa escritora por excelencia.

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imagen
O 24 febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Na clase de 3 anos estivemos investigando un pouquiño sobre ROSALÍA DE CASTRO. Primeiro miramos no ordenador a súa foto e fixemos as nosas hipóteses sobre a que se podía adicar, ata que cunhas pistas descubrimos que foi unha escritora galega. Despois para descubrir o seu nome fixemos un xogo de letras no cal iamos nomeando unha letra cada un e se acertabamos o profe as colocaba no seu sitio ata que formamos o seu nome e apelido. Tamén escoitamos dous poemas dela ademais dunha canción moi coñecida do seu poema "Adios ríos adios fontes". Tamén participamos nas actividades propostas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega colaborando na elaboración dun mural de Rosalía de Castro e na decoración das escaleiras do colexio cun poema.

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imagen