Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 6º infantil

DESPEDIDA CURSO 2019-2020

E xa chegou o último día de cole!!!!! Este ano un pouco diferente porque non podemos estar xuntos nin darnos os bicos e as apertas que tanto nos gustan pero coa mesma ilusión e con moitas mais de ganas de volver a estar xuntos de novo. 💏💑 Para despedir este curso aquí tedes o vídeo coas vosas mensaxes de cariño , cos vosos bailes e coa vosa alegría que é o motor dos nosos días. Esperamos que vos guste! Un bico enorme das vosas profes.💋💋💋💖💕 Vane, Eli e Evi

ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO

Imagen
AQUÍ VAI A ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO!!! 👏👏👏 A semana que ven remata o colexio e chegan as tan ansiadas vacacións de verán. Seguimos intentando propoñer actividades sinxelas que non vos leven moito traballo, nin a vos, nin aos peques. Esperamos que as saídas pola natureza fosen divertidas e que pasarades un bo rato en familia. Queremos continuar cunha proposta medioambiental, xa que onte foi o 🌊 DÍA INTERNACIONAL DOS OCÉANOS 🌊. O noso concello, ademais de contar con numerosos espazos verdes, tamén se caracteriza pola gran cantidade de praias que rodean a nosa comarca.  Pero todas elas están sempre cheas de basura e, sobretodo, de plástico. Poñerlle esta imaxe aos vosos fillos e fillas e preguntarlles que creen que é. A continuación visualizade este vídeo en familia👇👪 Unha isla diferente Que podemos facer? Está nas nosas mans cambiar esta situación asíque vos animamos a que recicledes nas vosas casas!! 🔊 Esta semana queremos que saquedes a vosa imaxina...

TERCEIRO EXPERIMENTO

Imagen
Ola a tod@s!!! Sabedes que día é hoxe???? A ver mirade no calendario....👀👀 Xa vos escoito decir: MÉRCORES !!!! E que toca os mércores???? Pois un novo EXPERIMENTO !!!!! Hoxe imos xogar con cores e con auga. Vós pensades se a auga pode camiñar??? Si, non, si, non.... Pois con este experimento imos averiguar a resposta. Os materiais que precisamos son: Vasos de plástico Colorantes azul, amarelo e vermello. Auga Papel absorbente (papel de cociña ou similar). Pasos: Colocar sete vasos de plástico en fila e encher de auga o primeiro, o terceiro, o quinto e o séptimo. (encher ata arriba) Engadir 5 gotas de colorante vermello no primeiro e no último vaso. Engadir 5 gotas de colorante amarelo no terceiro vaso. Engadir 5 gotas de colorante azul no quinto vaso. Coller unha folla de papel absorbente e doblala pola mitad. Volver a doblar outra vez no sentido lonxitudinal. Colocar a folla de papel abosorvente doblada dun vaso ao outro, de forma que conecte cada vaso co seguinte...

Proposta de actividade nº9

Imagen
Ola nenos e nenas, ola familias!!! Arrancamos coa penúltima proposta de actividade para este curso. O próximo venres 5 de xuño coincide co Día Mundial do Medioambiente🌄 e as mestras non queremos deixar pasar esta oportunidade para que o celebredes por todo o alto. Moitas veces non somos conscientes do afortunados e afortunadas que son os nenos e as nenas de vivir nun sitio como é Galicia, rodeado de prados, bosques e montes fermosos🌲.  Ademais, o noso colexio é privilexiado por poder contar con estes recursos naturais no mesmo espazo onde os nenos e as nenas levan a cabo a súa actividade escolar. E xa por non falar dos numerosos espazos naturais cos que conta o noso Concello: o río da Fraga, o sendeiro de Rialdarca, a praia da Xunqueira ou do Con, Chan d' Arquiña, e un largo etcétera.   Por iso gustariannos que ao longo desta semana planificarades unha saída a un entorno natural próximo cos vosos fillos e fillas para que desfrutaran do ocio ao aire libre...

SEGUNDO EXPERIMENTO

Estades preparados e preparadas para o experimento desta semana? Xa vin que o experimento do volcán gustouvos moito, así que mans á obra!! Imos xogar coas cores!! Materiais: Filtros de café (ou papel de cociña) Rotuladores 1 prato Pasos: Recorta unha das caras do filtro de café (ou ben colle papel de cociña) Marca una liña de rotulador un pouco máis arriba do borde inferior Molla o borde inferior nun prato con auga, SEN QUE A AUGA TOQUE A LIÑA FEITA POLO ROTULADOR, durante case un minuto e medio Pon o filtro de café/papel de cociña sobre un periódico vello Espera un anaco e observa como a tinta do rotulador esténdese por todo o papel Variantes: Proba a facer o experimento con outras cores, verás como cambian según a cor empregada Recorta o filtro de café ou papel de cociña en forma de círculo e fai unha mancha redonda no centro co rotulador. Deixa caer unhas gotas na tinta e observa qué sucede desta vez  Explicación: A tinta ten varios pigmentos. Ao e...

PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº8

Imagen
Ola familias! Esperamos que con este bo tempo esteades a desfrutar moito do sol 🌞 dando paseos, estando na piscina ou dando un pequeno chapuzón na praia🌊. Nós seguimos coas propostas e hoxe traemos algo moi sinxeliño de facer, xa que estamos na recta final e sabemos que estades moi cansos.  🌟Para o primeiro xogo precisades un folio, cartón ou cartolina e legumbres. Nela tedes que escribir os números do 0 ao 10. Debaixo de cada número hai que poñer a cantidade de legumbres correspondentes. Este é un exemplo para que vexades a idea principal: 🔆Despois, con obxectos que teñades pola casa tedes que construir varias torres, tamén con elementos do 0 ao 10. Podedes utilizar bloques de construción, vasos de plástico, tubos de papel hixiénico, caixas de cartón, latas... 🌐Finalmente, tedes que buscar pola casa obxectos que sexan da mesma cor e agrupalos. Todos os obxectos amarelos, todos os azuis... E contar cantos obxectos hai en total en cada colección, escribindo ...

PRIMEIRO EXPERIMENTO

Imagen
Ola queridas nenas e nenos!! A partir desta semana en lugar de contarvos un conto, imos propoñervos facer un experimento. Os experimentos sempre vos gusta moito facelos e vos fascina ver o que ocorre. Farémolos con cousas sinxelas de conseguir, pola casa ou como moito, no supermercado. Para hoxe, que vos parece se facemos un volcán?? Para dar forma ao volcán, se queredes que sexa máis realista podedes moldealo con plastilina, arxila, pasta de sal...pero non é imprescindible, o divertido e importante e levar a cabo o experimento. Fai que a escuma do xabón se convirta en lava e saia do seu frasco cuns experimentos caseiros para nenos e nenas que misturan  vinagre e bicarbonato. Materiais Frasco de vidrio Xabón de pratos Vinagre Bicarbonato Colorante alimentario Bandexa Pasos Enche ¼ do recipiente con vinagre. Engade unhas gotas de colorante. Pon un chorrito de xabón de vaixela e remove. Engade unha cucharada de bicarbonato. Coloca o bote sobre una bandex...

PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº7

Imagen
Ola!! Xa estamos a finais de maio e, aproveitando estes días tan bos, queremos propoñervos facer un ABECEDARIO NATURAL . Podedes coller os elementos naturais que teñades pola casa ou ben aproveitar para saír a dar un paseo polas zonas naturais tan bonitas que temos no noso concello e recolectar alí folliñas, pedras, pétalos, flores, froitos... Unha vez que teñades feito o voso abecedario, ou ben cada vez que fagades unha letra, teredes que buscar na casa un obxecto que EMPECE POR ESA LETRA . A raíz disto podedes traballar tamén... Clasificar os elementos por texturas, tamaños... Crear mandalas Facer números Facer o nome propio, os nomes dos membros da familia, dos compañeiros e compañeiras de clase... Con todo isto nenos e nenas estarán traballando contidos como... Lectoescritura Motricidade fina Clasificación Moitos abrazos de parte das mestras de infantil!!!

O CONTO DA SEMANA

Imagen
Ola a tod@s!!! Xa é mércores e que significa iso???? Pois que toca conto!!!!!!!📕📖 Esta semana, como xa empeza a facer bo tempo, se saídes a pasear e vos fixades ben, veredes uns novos amiguiños que co calor empezan a saír e a posarse nas flores, na herba e nas árbores. Sabedes que son? Claro que si!! Os bechiños: xoaniñas, formigas, avespas, vermes, bolboretas...🐛🐜🐝🐞 Pois o conto de hoxe fálanos dunha viaxe moi especial que fixo un vermiño. Esperamos que o desfrutedes!!! SEREDES CAPACES DE IMITAR OS MOVEMENTOS DESTES BECHIÑOS????

SEMANA ESPECIAL

Imagen
Ola a todas e todos,familias e nenas e nenos!! Esta semana é unha semana especial, sabedes por qué?? Porque este venres celebramos algo moi moi importante e moi significativo: O DÍA DA FAMILIA!! As profes tiñamos previsto facer algo especial no cole, non volo contamos porque así podemos deixalo para facer o ano que vén, ssshhhh !! Como vai ser imposible, cambiamos o plan porque o que non queriamos era deixar este día sen celebración. Máis que nunca nestes días nos que estamos na casa e vivimos esta incertidume e preocupación pola saúde dos que queremos. Pois ben, as mestras pensamos que podería ser bonito facer o venres unha actividade en familia. UNHA CÁPSULA DO TEMPO que reteña para sempre as vivencias destes días, para lembralas máis adiante, anos despois. A idea é coller unha lata como a do cacao, por exemplo, ou unha caixa de plástico, botella... algo que non se pudra. Dentro desta lata podemos poñer o que queiramos. Ideas: unha foto da familia, un debuxo noso, un obxecto, ...

QUINTA SESIÓN DE CONTACONTOS

Imagen
HOXE É MÉRCORES DE CONTO!! Traemos o conto " EL LADRÓN DE PALABRAS ", que narra a historia dun neno que "rouba" palabras, ata que un día coñece a unha nena e quédase mudo, pois as palabras que foi roubando xa non lle serven... Esperamos que os nenos e as nenas o desfruten!! Bicos das mestras de infantil

PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº5

Imagen
Bos días familias, aquí estamos un martes máis con cousiñas novas que proporvos!! Esta semana temos unha actividade para recordar aos nosos compañeiros e compañeiras: FAREDES UNHA ÁRBORE DA ESCOLA . Para facela, podedes seguir os seguintes pasos: Debuxar ou facer con cartolina unha árbore con tantas pólas como nenos e nenas hai na vosa clase Despois, facer follas onde debedes debuxar a cada compañeiro ou compañeira, co seu nome correspondente debaixo Por último, pegar as follas nas pólas e poñerlle un título á árbore Estas poden ser algunhas ideas: A partir deste traballo podedes... Xogar cos nomes: ordenalos e clasificalos por tamaños (nomes curtos, longos), por letras (os que empezan pola A, pola N...) Contar cantas letras ten cada nome e despois agrupalos (nomes que teñan 3 letras, que teñan 5...) Facer a vosa árbore xenealóxica familiar Xogar ao "quen é quen": é unha nena, empeza pola A, quen será? Con todo isto, nenos e nenas estarán traballando contidos como... Lectoes...

NOVO CONTIÑO PARA HOXE

Ola a tod@s!! Aquí vai un dos meus contos favoritos. Fixéronme este regalo cando acabei os meus estudos de mestra e lembro lelo moitísimas veces. A que lembro con máis cariño é cando llo lin á miña primeira clase de nenas e nenos de 3 anos , xa no 2003!! Como pasou o tempo, pero este conto segue sendo un esencial na biblioteca de infantil... Desfrutade con esta versión, un pouco de andar pola casa, do COELLIÑO BRANCO !!

RESUMO DOS TRABALLOS FEITOS NA SEXTA SEMANA!!

Imagen
Ola a todas e todos!! Comezamos a sétima semana  na casa, ánimo, sodes unhas campeonas e campeóns .  A semana pasada fixeramos unha propostiña para xogar con masa de sal, mirade como Lois e Laia traballaron e que fermosas creacións fixeron. Mirade a Laia   E aquí vedes a Lois mans á obra  Seguide así, na casa, traballando un pouquiño se nos apetece, axudando na casa a papá e mamá e SORRINDO CADA DÍA!!

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

Imagen
Hoxe é o día do libro .  Queremos achegarvos esta mensaxe da toupiña . Botade un ollo Saúdo da TOUPIÑA Se vos apetece e para celebrar este importante día, sacade unha foto co último libro que lérades ou con un que vos guste moito e enviádenolo ás titoras. Nós tamén poremos a nosa. E hoxe, lembrádevos...antes de ir durmir... LEDE !! Os libros poden levarnos a mil sitios, poden sacarnos da casa e facernos viaxar!!!  DESFRUTÁDEOS en familia!!!

PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº3

Imagen
Ola, familias! Espero que sigades ben. Como tódolos martes, aquí vai a terceira proposta. Esta semana as mestras queremos que os nenos/as saquen o seu lado máis artístico polo que propoñemos facer MASA DE SAL .  É moi sinxelo, para facela precisades: 1 taza de sal 2 tazas de fariña 3/4 taza de agua Elaboración: nun tazón grande mesturar a sal e a fariña xuntas. Despois, ir botando a auga pouco a pouco. Finalmente, amasar. (Se queredes que a masa teña cor podedes botarlle colorante alimentario cando mesturedes a sal e a fariña) Unha vez feita a masa, podedes comezar a facer as vosas creacións!! 👌 Unha vez que estea feita a obra artística, só hai que metela no forno a 180º (o tempo de cocción depende do tamaño e espesor das creacións). Cando estea lista, se tedes pinturas ou témperas poden pintala ao seu gusto . 👏 Aproveitando a actividade podedes... Pesar a masa nunha váscula e traballar cantidades Facer "boliñas" pequenas, grandes, medianas...

DIFERENTES ACTIVIDADES DA SEMANA PASADA

Imagen
Os nenos e nenas de cinco anos fixeron a semana pasada distintos traballos. Por un lado, Lois sacou o seu lado máis creativo e mirade que cadros pintou:  Todo un ARTISTA , Lois!! Por outra bando, Laia , fixo unhas preciosas mandalas E, fixádevos ben, hai un artista invitado na composición!! Leo , estás cada día máis maior e máis bonitiño !!   E, tamén nos chegou este vídeo. Mirade que fantástico viaxe por África , listas para viaxar, 3 , 2 , 1 ...adiante!! Moitas grazas por estes traballiños!! Esperamos máis traballiños de todas e todos!! 

SEGUNDA SESIÓN DE CONTACONTOS

Imagen
Nestes momentos excepcionais que estamos vivindo, ao lado das nosas familias, é fundamental que non esquezamos que importantes son os agarimos, as apertas, os bicos... As mostras de cariño e a xenerosidade é o que nos vai a axudar a superar esta situación, todos e todas unidas, apoiándonos conxuntamente.  Por iso, aprobeitando que o pasado 13 de abril foi o 😘DÍA INTERNACIONAL DO BICO😘 , as mestras de infantil queremos aportar o noso graniño de area a través deste pequeno contacontos e mandar un BICO MOI, MOI GRANDE a todos os nosos nenos e as nosas nenas, que se están convirtindo nuns campeóns e campionas, aguantando día tras día o confinamento. Despois de ver este conto aproveitade para dar unha mostra de cariño aos vosos pequen@s, que tan ben se están portando. Dádelle bicos, apertas, xogade a facervos cóxegas!! Pasar un rato agradable e divertídevos en familia!! Nós, as mestras, estamos desexando que os nenos e as nenas volvan ás aulas e poder darlle esos bicos e e...

PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº2

Imagen
Ola, familias de 3, 4 e 5 anos!! Como estades? Espero que estas "vacacións" de Semana Santa vos serviran para desconectar un pouco para poder continuar coas pilas cargadas. Antes de nada, queríamos agradecer a todas aquelas familias que se uniron á proposta das Mandalas, para nós é moi motivante ver como facedes cos nenos e coas nenas as nosas propostas, posto que iso fai que teñamos máis ánimos para seguir propoñéndovos cousas. Así que GRAZAS! Como ben sabedes, tódolos martes mandamos unha proposta para realizar durante toda a semana. Esta semana, partindo da actividade da páxina web do cole, propoñemos que FAGADES UNHA VIAXE a aquel país (imaxinario ou real) ao cal vos gustaría viaxar. Neste traballo, que pode ser feito nun folio, cartulina ou calquera material que teñades por casa, podedes indicar, por exemplo: 👀 Nome do país Continente onde se atopa Sitios ou lugares de interese Gastronomía Algún aspecto interesante da súa cultura (festas, celebra...

PRIMEIRA SESIÓN DE CONTACONTOS

Imagen
Ola a tod@s!! Hoxe temos a primeira sesión de contacontos. Un conto que coñecemos ben, A EIRUGA LARPEIRA de Éric Carle. Desfrutade do vídeo e, se vos animades a contar un conto vós, grabádevos e enviade aos correos das mestras para que poidamos compartilo con tod@s!! Veña, a ver se vos gusta esta versión "sombría" dun conto tan colorido. Biquiños, familias!! Botámosvos en falta , aínda que xa queda un día menos!!!