Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Saida

Saída escola de música

Imagen
Outro ano máis, demde a escola de música convidáronnos a escoitar un conto musicado. Encantounos todo, baixar a Quintela camiñando, escoitar a música e subir en bus. Un día perfecto!! Grazas ás persoas que dende a escola de música se preocupan e traballan para que a rapazada poida desfrutar coa MÚSICA!!

SAÍMOS AO TEATRO: "ANTÓN COMODÓN"

Imagen
Hoxe fomos ao teatro a Vigo a ver a obra "Antón Comodón" que trata sobre a historia de Antón, a quen de neno na súa casa llo facían todo, non facía falta que aprendera nada si el non quería. Cando medrou tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facerllo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastantes cartos e foi vivir as illas verdes,... Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin atalos os cordóns, nin tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu comezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos, cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto. Durante a  viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou ás illas verdes e atopou ao seu axudante deuse de conta que aprendera tanto que era capaz de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir y botar unha man a Nicolás co seu carriño de xeados, como dous bos amigos.   No autobús Antes de ir ao teatro f...