Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como proxecto bebés

PROXECTO DOS BÉBES: SOMOS PEDIATRAS

Imagen
Estes días estivemos investigando sobre os médicos dos bebés e dos nenos e nenas: OS PEDIATRAS. Descubrimos que os bebés teñer que ir a facer revisións periódicas nas cales entre outras cousas os pediatras os pesan, tallan e miden o perímetro cefálico. Unha vez descuberto isto puxémonos mans a obra e fixemos de auténticos pediatras. Mirade!!!

PAULA E AS SÚAS COUSIÑAS DE BEBÉ

Imagen
Hoxe foi Paula a que trouxo moitos obxectos de cando naceu ou era bebé (cueiros, roupa, un conto personalizado moi chulo titulado "Laura Y Caperucita" na que Paula é protagonista xunto a Carapuchiña Vermella, ademais dunha morea de fotos, incluidas dúas fotos dentro da barriga de mamá "ecografía").

LAURA E AS SÚAS COUSIÑAS DE CANDO ERA BEBÉ

Imagen
Hoxe Laura trouxo moitas cousiñas de cando era bebé (xoguetes, patucos e un álbum con moitas fotos). Pasamos un rato moi entretido escoitando todas as explicacións. Noraboa campiona!!!

PROXECTO: OS BEBÉS (Yadira e Andrés)

Imagen
Hoxe foron Andrés e Yadira os que chegaron ao cole cargados de obxectos de cando eran bebés (biberón, cueiros, patucos, xoguetes,...)

PROXECTO: OS BEBÉS

Imagen
Hoxe Anaís e Vera chegaron a clase cargadiñas de cousiñas de cando eran bebés (babeiros, chupete, roupiña, fotos, peluches,...)A verdade é que explicaron aos seus compañeiros con todo luxo de detalles cada un dos obxectos que trouxeron. O mellor de todo foi a ilusión con que os ensinaban. Parabéns familias!!!