Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como EMOCIÓNS

SEMANA ESPECIAL

Imagen
Ola a todas e todos,familias e nenas e nenos!! Esta semana é unha semana especial, sabedes por qué?? Porque este venres celebramos algo moi moi importante e moi significativo: O DÍA DA FAMILIA!! As profes tiñamos previsto facer algo especial no cole, non volo contamos porque así podemos deixalo para facer o ano que vén, ssshhhh !! Como vai ser imposible, cambiamos o plan porque o que non queriamos era deixar este día sen celebración. Máis que nunca nestes días nos que estamos na casa e vivimos esta incertidume e preocupación pola saúde dos que queremos. Pois ben, as mestras pensamos que podería ser bonito facer o venres unha actividade en familia. UNHA CÁPSULA DO TEMPO que reteña para sempre as vivencias destes días, para lembralas máis adiante, anos despois. A idea é coller unha lata como a do cacao, por exemplo, ou unha caixa de plástico, botella... algo que non se pudra. Dentro desta lata podemos poñer o que queiramos. Ideas: unha foto da familia, un debuxo noso, un obxecto, ...

Día da amizade💖

Imagen
Hoxe estivemos de noraboa!! Recibimos varios agasallos. Lois preparou un corazón para cada un de nós. GRAZAS, LOIS!! E Laia tamén nos regalou unha tarxeta, feita con moito cariño!! GRAZAS, LAIA!!! É un gusto e un pracer poder compartir o meu tempo cunhas persoas pequenas  cuns corazóns TAAAAN GRANDES!!! Agora a celebrar esta fantástica tarde de sol cos que máis queredes e lembrade que sempre, sempre, por moito que chova... SEMPRE SAE O SOL!!!!

EMOCIÓNS

Imagen
Estes días estivemos falando das cousas que nos poñen alegres, tristes, dan medo,... Despois da asemblea fixemos 3 grupos de 3 alumnos cada un para reflictir as emocións nun cadro pegando anacos de folios de diferentes cores sobre unha cartolina negra. Por último só tivemos que inventar un título para cada cadro.  

MURAL DAS EMOCIÓNS

Imagen
Durante es curso traballamos a educación emcional a través da literatura e da arte. Mirade que chulo nos quedou o mural do "Mostro de cores".

AS EMOCIÓNS

Imagen
APRENDEMOS A DISCRIMINAR EMOCIÓNS E A DETECTALAS EN NÓS E   NOS DEMAIS.