Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Colaboración familias

As familias contan moito, segunda entrega!!

Imagen
Fai uns días tivemos visita na clase. A mamá de Sara viu contarnos un conto que nos gusta moito "A mellor sopa do mundo" Viu cargadiña e, de feito preparamos unha rica sopa: pemento, cebola, tomate, cogumelos...e mel, moita, moita mel!! Pasámolo en grande e, como di o libro, o mellor, disfrutar xuntos!!👏👏 Un pracer que viñeras, Rosana!! Volve cando queiras, estaremos encantados!!😊😊 Moitísimas grazas por vir!!

As familias contan moito!! Primeira entrega

Imagen
Estasemana tivemos a primeira visita familiar para contarnos un conto. Tania, a irmá de Lois viu ao cole a contarnos o conto   Queres ser meu amigo?? Gustounos moito que viñera e, aínda que as nenas e nenos son moi tímidos e casi non falaron a verdade é que o disfrutaron moito e Lois estaba moi orgulloso dela!! Tania, grazas por vir!! Estas convidada cando queiras. É un pracer recibirvos na nosa CASA

GUSTARÍAME VIAXAR POR...

Imagen
A semana pasada foron Brais e Xoel os que trouxeron os seus traballiños sobre o país ao que lles gustaría viaxar.  A Brais gustaríalle viaxar a Finlandia A Xoel gustaríalle viaxar a Italia Parabéns campións !!!

A MARA GUSTARÍALLE VIAXAR A XAPÓN

Imagen
Hoxe Mara  trouxo un fermoso mural sobre Xapón que fixo coa súa familia na casa. Grazas a nosa compi aprendemos moitas cousas sobre Xapón  (localozación no mapa, a súa moeda, bandeira, o raposo vermello, geishas, volcán Sakurajima, monte Fuji,... Moitas grazas familia!!!

A SANTI GUSTARÍALLE VIAXAR A CHINA

Imagen
Hoxe foi Santi o que trouxo o seu marabilloso mural sobre China, o país ao que lle gustaría viaxar. Explicounos cousas moi interesantes pois a todos os nen@s da clase nos gusta este país (o oso panda, o baile do dragón, a gran muralla china, as pagodas ...) despois da explicación de Santi fomos buscar vídeos de China na internet. Pasámolo moi ben. Moitas grazas Santi e familia!!!

GUSTARÍAME VIAXAR A...

Imagen
A Itziar gustaríalle viaxar a Malasia.  Realizou coa súa familia este fabuloso mural para compartir cos seus compañeiros. A Xiana gústalle moito París. Mirade que autentica obra de arte trouxo hoxe ao cole para compartir con nós. Parabéns familias. Mural sobre Malasia Mural de París  Agardamos impacientes as investigacións dos nosos compañeir@s.