Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Outono

PLANTAMOS LANDRAS

Imagen
Aproveitamos algunhas das landras que recollimos hai uns días para plantalas: 1º Levamos a cabo a “proba de flotación”, e dicir, metemos nun vaso cheo de auga as landras para comprobar cales estaban en bo estado para ser plantadas , e dicir, desvotamos as que flotan e aproveitamos as que se non flotan e polo tanto están ben para comezar o proceso.  2º Pusémoslle o nome ao recipiente onde imos plantar a landra, reutilizado xa que son botes de potiños de bebés. 3º Colocamos unha camiña de algodón no fondo dos botes e apousentamos a landra no algodón e as tapamos con máis algodón. Por último, botamos un pouco de auga para humedecer o algodón. Xa estamos desexando que comece a saír a punta da raíz da cáscara.

MANDALAS CON ELEMENTOS NATURAIS

Imagen
Na clase dos crocodilos aproveitamos os elementos naturais recollidos hai uns días no monte de Abelendo para facer mandalas. Fixemos os mandalas sobre cartón pegando os elementos naturais con cola branca (xa estamos feitos uns expertos no manexo da cola) Tamén elaboramos un mandala sobre cartolina

ÁRBORES DE OUTONO

Imagen
Hai unhas semanas para darlle a benvida ao outono decidimos facer as nosas árbores de outono estampando as nosas mans e antebrazo. Unha vez que tivemos as nosas árbores estampamos con letras a palabra outono. Tamén pegamos follas naturais troqueladas con forma de folla simulando que estaban caendo. Por últino, preparaos o chan cheo das cores de outono (marrón, amarelo, vermello e verde).

SAÍDA DE OUTONO

Imagen
Hoxe saímos pola contorna de Abelendo para observar a natureza no outono e recoller follas, pequenas ramas, castañas, ourizos e landras do monte.   Cando chegamos a clase clasificamos e organizamos o que recollimos( follas de castiñeiros, follas de carballo, landras, paus e piñas)  Con estes elementos naturais realizaremos diferentes actividades que xa vos amosaremos!!!

BENVIDO OUTONO

Imagen
Este días estivemos dándolle a benvida ao outono, para iso estivemos bailando cancións, recitando poesías desta estación e preparamos na fiestra a nosa árbore de outono!!!

ÁRBORES DE OUTONO

Imagen
Hai bastantes días fixemos unhas árbores de outono. Primeiro pintamos con acuarelas o tronco e as polas. Despois pegamos anacos de papel charol verde a modo de herba. Por último pegamos follas naturais das que recollemos na saída de outono que fixemos hai varias semanas.

CORTINAS DE FOLLAS

Imagen
Hoxe fixemos unhas cortinas coas follas que recollemos na saída de outono. O proceso foi moi sinxelo: espallamos follas por riba de film transparente procurando que non se tocasen unhas coas outras, despois cubrimos con outra capa de film e por último tivemos que dar uns golpiños para que as follas se quedasen pegadas no papel transparente. Foi moi divertido!!!

SAÍDA DE OUTONO

Imagen
Hoxe fomos ao monte que está preto do cole para ver os cambios que se producen no outono, recoller follas, paus, ourizos,....   

OBRA DE ARTE OUTONAL

Imagen
Hoxe fixemos unha gran obra de arte coas cores propias do outono (marrón, amarelo, laranxa e vermello) estampando unha especie de plumeiros mentras  tiñamos música de fondo para ambientar a actividade.

MURAL DE OUTONO

Imagen
CHEGOU O OUTONO!!! E OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS REALIZAMOS UN MURAL PARA DARLLE A BENVIDA A ESTA COLORIDA ESTACIÓN.