Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Reciclaxe

Traballos - Proposta 10 - Clase 4 anos

Imagen
Agora sí, isto xa rematou!! A só tres días de que remate o colexio, imos coas fotos da última proposta deste curso tan especial. O que se pode aproveitar unha caixa de cartón!! Nahia fixo unha marabillosa casa de bonecas👪Ten bañeira, cadeiras, mesas, escaleiras e ata unha cama!! Tamén fixo coa súa tía un palo de choiva, serve para relaxarse 🙅 No vídeo está toda a explicación detallada: E Paula elaborou un magnífico maletín escolar💼. Forrou toda a caixa cun papel de princesas e dentro puxo uns compartimentos para gardar rotuladores, lapis, pegamentos... Teo ten moitas elaboracións🔨: fixo unha caixa con diferentes residuos plásticos, coches con rolos de papel e un lapicero cun bote de xel. Atentos e atentas aos vídeos de Li. Que estará facendo? Botádelle un ollo para averigualo👀 Son dúas cousas moi orixinais que de seguro a ninguén se lle ocorreu que se poden facer con plástico Nesta foto de Sergio pódese ver os seus novos obxectos reciclados co...

RECICLAMOS CON BEE-BOT

Imagen
Onte estivemos xogando con Bee-bot a reciclar. Cada un de nós elixía un produto (cartón, frasco vidro, vasos, briks de leite, zume, papel de xornal,...)e con Bee-bot intentaba levalo ao colector correspondente. A verdade que as actividades con Bee-bot nos encantan!!!