Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como arte

ARTE CON CÁNICAS

Imagen
Facemos obras de arte con cánicas e pintura líquida. Algo moi sinxelo que nos gusta bastante! 

PINTAMOS A PRIMAVERA DE VIVALDI

Imagen
Onte estivemos falando na clase sobre a primavera, as abellas, o mel, as flores, o polen e se nos gusta esta estación e por qué. Ademais fixemos a relaxación escoitando a primavera de Vivaldi. Despois da relaxación debuxamos con pincel a primavera mentres tiñamos de fondo a música!!!   Estivemos tan relaxados e concentrados que incluso algún de nos preguntou polo profe mentres nos gravaba pois pensabamos que non estaba na clase!!!    Que grandes artistas estamos feitos.

PAUL KLEE 3: VERSIONAMOS "GATO E PÁXARO"

Imagen
Continuamos profundizando en Paul klee e nesta ocasión versionamos a obra "Gato e páxaro" . Como facemos sempre primeiro facemos a análise do cadro e despois realizamos a nosa versión persoal que neste caso consistiu en pintar con acuarelas o cadro. Por último, cada un de nós elixiu un titulo para poñerlle ao cadro. Aquí está o resultado!

ESCULTURA CON MATERIAL DE DESFEITO

Imagen
Estamos feitos uns verdadeiros escultores!!! Fixemos as nosas creacións ensartando anacos de cartón, cartolina e goma eva en arame. Despois démoslle forma ao arame e o clavamos na superficie de espuma. Por último, decoramos a base con gomets.

PAUL KLEE 2. VERSIONAMOS LÚA CHEA

Imagen
A semana pasada na clase dos crocodilos estivemos versionando "Lúa chea". Estivemos analizando as cores, formas xeométricas, o que observamos na obra, as emocións que nos transmiten, incluso a que ule e a que sabe.

PAUL KLEE 1: VERSIONAMOS "BAILANDO POR MIEDO"

Imagen
Na clase de 4 anos hai un días atopamos na clase unha imaxe dun home que despois dunha pequena investigación resultou ser o artista Paul Klee . Estivemos buscando información da súa vida e dos seus cadros e comezamos versionando a súa obra " Bailando por miedo " Despois  de reflexionar sobre o contido do cadro, de se nos gustaba ou non, da emoción que nos transmitía ao velo, e por qué? decidimos reproducir as posturas que aparecen no cadro. Ao día seguinte  fixemos a nosa propia versión do cadro debuxando as partes do corpo a partires de catro formas xeométricas e pegando anacos de follas secas dentro delas.

OS CROCOARTISTAS: O GRITO DE MUNCH

Imagen
A semana pasada estivemos traballando na clase sobre o medo e as cousas que nos producen esta emoción. Tamén reflexionamos sobre un cadro moi famoso "O grito" de Edward Munch, falamos do que percibiamos no cadro, das cores e das emocións e sentimentos que nos producian. Por último fixemos a nosa propia versión. N QUE PEQUENOS GRANDES ARTISTAS!!!

OS ESCULTORES DE 3 ANOS

Imagen
Hoxe os nenos e nenas de tres anos estivemos facendo unhas fantásticas esculturas con arames de cores. Mirade que pedazo de artistas somos!!!

ESCULTURAS AO ESTILO JUDITH SCOTH 2º PARTE

Imagen
Nesta ocasión empregamos como base das nosas esculturas o calzado (botas, tenis, zapatos e chanclas) 

EMOCIÓNS

Imagen
Estes días estivemos falando das cousas que nos poñen alegres, tristes, dan medo,... Despois da asemblea fixemos 3 grupos de 3 alumnos cada un para reflictir as emocións nun cadro pegando anacos de folios de diferentes cores sobre unha cartolina negra. Por último só tivemos que inventar un título para cada cadro.  

OBRADOIRO: JUDITH SCOTH

Imagen
Hai unhas semanas comezamos na clase de 3 anos un proxecto de arte sobre Judith Scoth coñecida como a muller araña. En primeiro lugar descubrimos a súa imaxe e a través dun xogo de letras coñecimos o seu nome. Tamén observamos un pequeno documental sobre a súa vida onde descubrimos a súa conmovedora historia. Nestes intres estamos facendo esculturas ao seu estilo , é dicir, envolvendo fíos, la ou trapillo. Nesta primeira escultura empregamos os carozos que debullamos na clase hai uns meses. Mirade que artistas!!!

OBRADOIRO DE ARTE CON GOTIÑAS DE TÉMPERA LÍQUIDA

Imagen
Nos últimos días na aula de 3 anos fixemos unhas  obras de arte moi chulas  deixando gotear a témpera líquida sobre unha cartolina negra. Unha vez que a acabamos cada neno e nena elixiu un título para a súa obra. A verdade é que somos moi creativos e puxémoslle uns títulos chulísimos. "Flores", "El paraíso", "Sol", "Gonzalet",.. .

ARCIMBOLDO

Imagen
No primeiro trimestre, na clase de 3 anos, estivemos investigando sobre Giuseppe Arcimboldo e versionamos a súa obra do Outono. Mirade que artistas estamos feitos!!!