Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como motricidade fina

XOGOS DE MOTRICIDADE FINA

Imagen
Hai unhas semanas incorporamos un pequeno recuncho na clase para traballar a motricidade fina, a creatividade e relaxación. Para iso empregamos pedriñas, tapóns de cores, cunchas e cortizas. Cando nos apetece imos a este recuncho onde podemos coller unhas tarxetas de motricidade tamaño A3 que podemos ir cubrindo con elementos naturais. Outras veces utilizamos o lienzo en branco e facemos as nosas creacións.     Mirade que creacións tan chulas!!!