Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Andy Warhol

VERSIONANDO "FLORES" DE WARHOLL

Imagen
Esta semana continuamos co proxecto de Andy Warholl e versionamos o seu cadro "Flores". Primeiro falamos da emoción que nos provoca esta obra a cada un de nós, analizamos o seu "sabor" e o seu "olor". A verdade é que as conclusión foron fantásticas. Mirade que bonitos nos quedaron!!!

A NOSA VERSIÓN DA SOPA CAMPBELLS DE WARHOLL

Imagen

DE QUE COR É UN BICO?

Imagen
A semana pasada no obradoiro de literatura traballamos o conto ¿De qué color es un beso? A Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico. De que cor será? Vermello como unha deliciosa salsa de tomate? Non, porque tamén é a cor de cando estás enfadado? ¿Será verde como os crocodrilos, que sempre lle semellaron tan simpáticos? Imposible, porque é a cor das verduras e ¡non lle gusta comelas! Como podería averiguar de que cor é un bico? Despois dunha conversa sobre a cor que teñen para eles os bicos e as persoas as cales lles gusta bicar, aproveitando que estamos traballando a Andy warhol pintamos uns beizos ao estilo pop art.

AUTORRETRATOS AO ESTILO WARHOL

Imagen
   

COMEZAMOS O PROXECTO DE ANDY WARHOL

Imagen
HAI VARIAS SEMANAS CANDO CHEGAMOS AO COLE ATOPÁMONOS CUNHA SORPRESA!!! UNHA MALETA!!! PREGUNTÁMONOS QUE SERÁ?, QUE TERÁ? NON PODÍAMOS ESPERAR NIN UN SEGUNDO, ASÍ QUE FOMOS CORRENDO A ABRILA. ATOPAMOS UNHA FOTO (TIVEMOS UNHA CONVERSACIÓN LONGA POIS NON NOS POÑÍAMOS DACORDO EN SE ERA UN HOME OU UNHA MULLER), E DIFERENTES IMAXES (PRONTO DESCUBRIMOS QUE ERAN CADROS) PARA DESCUBRIR O NOME DESA PERSOA FIXEMOS UN PEQUENO XOGO SEMELLANTE AO DO AFORCADO (PERO NESTE CASO O QUE SE DEBUXABA ERA UNHA CASIÑA), ATA QUE DESCUBRIMOS QUE SE TRATA DE ANDY WARHOL. DURANTE DÚAS SEMANAS RECIBIMOS PEQUENAS PISTAS DA SÚA BIOGRAFÍA. CANDO CHEGÁBAMOS AO COLE ÍAMOS CORRENDO A VER SE RENATA NOS DEIXARA ALGUNHA PISTA. CON ESAS PISTAS FOMOS ELABORANDO UN MURAL COA BIOGRAFÍA DE WARHOL.        PARA REMATAR O MURAL PINTAMOS UN RETRATO DE WARHOL AO SEU ESTILO