Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2020

PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº1

Imagen
Ola, familias de 3, 4 e 5 anos! Como ben sabedes, esta situación excepcional que estamos a vivir vaise alongar máis do previsto. Por iso, como vos comentamos nunha entrada anterior, imos cambiar a forma de organizarnos no blogue: TÓDOLOS MARTES SAIRÁ UNHA PROPOSTA DE ACTIVIDADE para facer ao longo da semana. Esta proposta abarcará sempre uns contidos do currículo para non perder o ritmo de traballo. Así, a proposta que pensamos é a de facer MANDALAS con utensilios e obxectos que teñades pola casa. Para facer unha mandala ten que haber un obxecto central que inicie a obra. Despois, trátase de ir poñendo de maneira concéntrica obxectos que formen un círculo, de maneira que a obra vaiase facendo cada vez máis grande. Aquí podedes ver algúns exemplos: A mandala pódese facer con utensilios de cociña (culleres, garfos, vasos...), con elementos naturais (se tedes xardín- como follas, flores, paus...-), con material reciclado (tubos de papel, cartón, tapósn de plástico, botes de

MAIS ACTIVIDADES DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS!!!!

Imagen
Os nenos e nenas de 3 anos non paran de facer cousiñas na súa casa e xa non tiñamos sitio na outra enrada para poder poñer todas as fotos así que aquí vai unha nova entrada para que vexades todos os vosos traballiños! Aquí está Adrián que fixo o seu propio "Pitu" (para o que non o saiba, así se chama o esqueleto da nosa clase) e ademais traballou un pouco a grafomotricidade.  Adri, comprobaches se o teu Pitu ten os 206 ósos?? Aroha non se esquece da asemblea e mandounos un vídeo cantando a canción dos días da semana. Lembrades como era? Luns, martes, mércores, xoves... Tod@s a cantar!!!! A Olivia gústalle xogar a ser profe e aquí a temos lendo un conto! Pois imos contar un conto, un conto moi especial, non sabemos de que trata mais pronto se saberá!!!! Lembrades a canción? Iria tamén quere que vexamos cantas cousas fixo estes días na casa: cociñou, pintou, fixo deporte, axudou na casa, leu contos.... Con tanta actividade non hai tempo

Máis actividades (4 anos)

Imagen
A clase de 4 anos non perde o ritmo de traballo! Aquí máis cousiñas do que están a facer na casa: ADA   XOGANDO COAS APPS DE CASTELOS   CREANDO CON GOMETS FACENDO EXERCICIO NAHIA  DEBUXANDO  FACENDO A PROPOSTA DOS CASTELOS, QUE BONITO!! GRAZAS FAMILIAS!! COMO ME ALEGRA VER QUE ESTADES BEN!!   PARABÉNS PARA ANTÍA QUE ESTIVO DE ANIVERSARIO, CANDO VOLTEMOS ÁS CLASES O CELEBRAREMOS COS AMIGOS E AMIGAS   NON VOS ESQUEZADES, MAÑÁN ÁS 12.00... ASEMBLEA VIRTUAL!! 

SAÚDOS E VÍDEOS DA PROFE ANDREA

Ola!!!!!  Como estades? Teño moitísisisismas ganas de poder ir ao cole e estar con vos outra vez, pero....como aínda temos que quedar na casa uns días máis e  fai moito que non vedes as tarxetas das letras (fonemas) nin a caixa máxica, decidín facer uns vídeos para que as poidades ver. Espero que vos gusten!  Un biquiño para todos e todas e moito ánimo! :) Andrea Mestra de Audición e Linguaxe P.D. Espero que se vexan ben os vídeos porque tiven que baixar bastante a calidade :(

BICOS PARA TOD@S!!

Queridas xirafiñas !! Bótovos moito moito de menos!! Quero compartir con vós este vídeo para contarvos as novedades para esta semana e dicirvos que vos quero mmmmooooiiiiitttíiiiiisimoooo!!!

NOVEDADES!!

Ola a tod@s, queridas chicas e chicos !! As profes botámosvos moito, moitísimo de menos. Como sabemos que algúns de vós botades de menos facer asamblea, as mestras estivemos pensando e ocorréusenos facer asemblea virtual, na que non podremos tocarnos, pero si vernos e contarnos cousiñas. Apetécevos?? Dicídelle a mamá e papá que descarguen no móvil a aplicación ZOOM e poderemos comunicarnos, sempre que eles e elas queiran, claro!! Ademáis, como isto de non vernos se vai alongar un pouquechiño máis, imos a crear unha rutina no blogue. Os martes e venres faremos a Asemblea, os martes farémosvos unhas propostiñas para que poidades entretervos. Os mércores contarémosvos un contiño. E os luns colgaremos no blogue un pequeno víseo ou montaxe con todas as actividades que fixestes, para que todos as vexan. Que vos parece?? Animade ás vosas familias a que participen, se poden, claro porque algunhas mamás e papás aínda que esteamos na casa temos moito traballo. Veña, que así estes días pasa

UNHA DE CUMPLES

Imagen
Hoxe é un día especial na nosa clase!! Laia está de cumple e, aínda que non podemos celebralo xuntos, enviámoslle dende aquí un fortíiiiisimo bico e unha aperta moi agarimosa!! PARABÉNS, LAIA!! Para celebralo, imos compartir este vídeo que Laia nos fixo chegar para dicirnos o que lle gusta de nós e o ben que o pasa cando estamos xuntos, mirade... E, de paso imos poñer unhas fotiños dos aniversarios deste ano, que non puxeramos. LOIS E SARA E do de Carmen . Carmen non pudo levar o seu agasallo porque faltaron moitos amigos e, o seu agasallo quedou a medio rematar polo que aconteceu logo. Dentro de pouco, estaremos xunt@s para celebrar os demais!! Bicos moi cariñosos para tod@s!!

ACTIVIDADES 4 ANOS

Ola familias! Aquí estou de novo para poñer fotos e vídeos que me foron chegando. Ada facendo exercicio ao aire libre e xogando con Gael, papá e mamá; e coidando moito a súa irmanciña Gaia. Anti facendo puzzles, Li efectos especiais na súa casa, Sergio e Nahia mandando as propostas da páxina web... Encantada de recibir noticias de todos e todas vos e ver que estades ben. Ahí vai o pequeno vídeo que fixen coas fotos e vídeos que recibín. Espero que o podades ver. Bicos e apertas para todos e para todas.

Outras actividades 3 anos

Imagen
Martiño tamén estivo traballando moito estes días! Mirade que debuxo fixo de letra V, con ollos, orellas, boca e, como non, con ZAPATILLAS!                               Ademais, tamén deu clases de informática cun ordenador super chulo! E, polo que vexo nesta foto, tamén estivo contando mazás. Cantas ten? MMMM, que boa pinta! Moitas gracias Martiño polos teus traballiños! Outro neno que tamén fixo traballiño foi Martín que ademais de facer diferentes actividades sobre o corpo humano tamén tivo tempo de xogar coa plastilina e facer letras e o seu nome. Mirade que ben lle quedou! A Alba gústanlle facer outras moitas cousas, non todo vai ser traballar! Mirade que ben o pasa de xardineira e xogando coas súas ferramentas!    E seguimos recibindo cousiñas. Esta vez é Aroha a que nos quere ensinar canto traballa na súa casa, mirade, mirade! Martiño segue aprendendo na súa escola particular. Desta vez, converteuse en xardineiro e estivo a plantar coa súa fami

OS VOSOS TRABALLOS

Imagen
Ola chic@s!!! Como estades! Lembrades a actividade que vos propuxe para facer estes días? A do gorro do cerebro? Pois Alba xa a fixo e quere que vexades o ben que lle quedou! A verdade que está xenial!!!! Parabéns Alba por un traballo ben feito! Vega e a súa mami tamén traballaron moito e fixeron este debuxo do sistema respiratorio e dixestivo, decorado con goma eva de purpurina. Gran traballo!!! Quedou moi chulo! E como non tiñan impresora e non puideron imprimir o gorro do cerebro pois puxeron a imaxinación a traballar e crearon este sistema nerviosos tan orixinal!  Matín tamén púxose máns á obra e traballou moito durante estes días e tamén fixo o seu gorro de cerebro. E como sabía que o cerebro é o que manda as mensaxes ao resto do corpo pois o seu gorro tamén enviou as súas mensaxes. Mirade a foto!  Ademais, fixo dous xogos moi divertidos sobre o corpo humano. O primeiro é un laberinto de canicas coas partes do sistema dixestivo e o segundo é un xogo

NOVA PROPOSTA PARA ESTES DÍAS

Imagen
Ola a tod@s!! Chegan días festivos que, por estas circunstancias especiais, pasarán igual de lentos que estes últimos. Temos para vós unha proposta por se vos apetece participar. Nestes días é importante sentir o apoio dos outros, notarse acompañada s , queridas... ter constancia de que para os outros somos importantes . Imos a demostrarlles ás demáis persoas que nos importan e, para iso teredes que contar algo que vos gusta dos demáis nenos e nenas da vosa clase. É unha proposta para todas as clases, para as que queirades participar. Podedes gravalo en vídeo, podedes escribilo nun papel e sacarlle unha foto, podedes escribilo directamente no correo das profes...Nós ocuparémonos de darlle forma e de compartir para tod@s o bonito resultado que se cree. Teremos como tope o vindeiro sábado e así as profes teremos o domingo para montalo todo e o luns publicalo no blogue. Veña, animádevos, poñámoslle luz a estes días grises con AMOR!!

Manualidades Corpo Humano

Ola familias de 3 anos! Ola Aarón, Martín, Olivia, Adrián, Alba, Aixa, Martiño, Vega, Iria e Aroha! Como estades? Espero que ben e que levedes estes días raros con moito ánimo. Eu boto en falta estar con vós na clase, xogando, rindo, desfrutando e aprendendo moitas cousas! A ver se pronto podemos estar todos e todas xuntos/as de novo. Mentres tanto, que vos parece se seguimos facendo cousiñas do corpo? Lembrades o último que fixemos na clase? Seguro que sí! Aprendimos que o Sistema Nervioso tiña un "xefe" que era o cerebro que mandaba as súas mensaxes a través dunhas estradas chamadas venas. A que era moi chulo o gorro de cerebro? Pois que vos parece se facedes un vos nas vosas casas. Para iso soamente tedes que clicar  no seguinte enlace Recortable cerebro e imprimir o cerebro, decoralo como queirades, pedirlle axuda a papi ou mami para recortalo e intentar móntalo. A ver que tal vos sae!! Se queredes despois podedes mandarme fotiños ao meu enderezo electrónico e eu compa

Manualidades de Castelos

Imagen
Bo día, familias de 4 anos! Espero que esteades todos e todas ben e que, a pesar da situación que estamos a vivir, aproveitedes para desfrutar en familia. Así, anímovos a que pasedes o tempo xogando cos recursos educativos, así como tamén se vos queredes unir ás demais actividades que plantexan as miñas compañeiras de infantil, como o biscoito de cenoria ou iogur, estarei encantada de recibir as vosas fotos no correo. Poño por aquí algunhas ideas sobre castelos que requiren de pouco material, como tubos de papel hixiénico (que de seguro tedes de sobra) ou caixas de cartón. Espero, se queredes e de maneira voluntaria, as vosas manualidades no correo para poñelas no blog posteriormente. Deíxovos un enlace no que podedes desfrutar de contos en galego, poñóos na clase ás veces Contos do camiño Saúdos e apertas moi, moi grandes.

2º DÍA DESTES "DÍAS RAROS"

Imagen
Querias familias e nenas e nenos da clase de 5 anos. Parace ser que este ano será un pouco diferente aos demais, un ano atípico... e non imos vernos durante uns días, pero, podemos seguir en contacto e tentar facer todas esas cousas que nos gusta facer. Estou segura de que estas pequenas xirafas botan de menos  O OBRADOIRO DE COCIÑA. Que vos parece se hoxe, na casa facemos unha receita con el@s e logo compartimos os resultados? Animádevos!! Enviades ao meu enderezo electrónico as fotos do voso doce e logo eu comparto para tod@s por aquí, así as nenas e nenos tamén se verán. Como non sei que ingredientes teredes na casa e o mellor é saír o mínimo, porei varias alternativas para que escollades:      Preme para ver videoreceita Biscoito de cenoria Ingredientes: 250 g de cenorias crudas (xa peladas e ralladas). 200 g de fariña. 7 g de levadura en polvo  125 ml de aceite de xirasol (podedes usar de oliva pero daralle un sabor máis forte ao pastel de cenoria) 4 ovos. 200 g de