Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Proxecto Dinosauro

OS PALEONTÓLOGOS DE 4 ANOS

Imagen
Hai uns días cando chegamos a clase atopámonos cunha pequena sorpresa. Enriba das nosas mesas había un kit de paleontólogo (gafas de protección, cincel, lupa, pincel e martelo) e unha rocha para facer como os paleóntologos e poder atopar fósiles de dinosauro.   Agora todos os días algún de nos se dedica a picar un pouco na pedra. Encántanos!!!

DINOSAUROS: FÓSILES DE PASTA DE SAL

Imagen
Hoxe, na clase dos crocodilos, fixemos fósiles de dinosauros en pasta de sal (fariña, sal, auga e unhas gotas de glicerina)   Encántanos manchar as mans e remexer! Ata houbo quen fixo fósiles de pes de arqueólogo! Por suposto, ao rematar tivemos que deixar todo limpo e recollido. l

DINOSAUROS XEOMÉTRICOS

Imagen
Onte estivemos xogando coas formas xeométricas as compras. Hoxe fixemos uns dinosauros moi chulos con círculos, cadrados, rectángulos, triángulos e semicírculos.

PROXECTO DINOSAUROS 6 (ESQUELETO)

Imagen
Reproducimos o esqueleto de dinosauro e todos coincidimos en facer o de Tiranosauro Rex!!!

PROXECTO DINOSAUROS 5

Imagen
Despois de investigar sobre os esqueletos dos dinosauros e o nome dalgún oso modelamos con pasta branca osos de dinosauros, marcamos as súas pegadas e incluso fixemos fósiles para noutro día converternos en paleontólogos e intentar atopalos. Isto de modelar é o noso!!! 

PROXECTO DINOSAUROS 4 : COMO NACEN? QUE TEÑEN POR DENTRO?

Imagen
Investigamos sobre como nacen os dinosauros e descubrimos que os animais que nacen dos ovos son ovíparos e puxémonos mans a obra para reproducir o noso ovo de dinosauro.  Tamén estivemos buscando imaxes do corpo dos dinosauros por dentro e miramos que tiñan osos, e dicir, esqueleto. Como nos gusta tanto facer formas cos tubos de cartón fixemos o esqueleto do Braquiosaurio con tubos e cinta carroceira.   Gústanos moito facer de dinosauros, desplazarnos como eles, comer, gritar,... TIRANOSAURIO REX   BRAQUIOSAURIO

PROXECTO DINOSAUROS 3

Imagen
Estes días estivemos lendo nos libros de dinosauros que trouxemos da casa que eran e como eran os dinosauros? Xa sabemos que eran reptiles prehistóricos, que eran de diferentes cores e tamaños, que algúns andaban a 4 patas e outros con dúas, que algúns eran herbívoros e outros carnívoros, incluso que a súa pegada era diferente. Tamén estivemos lendo algunhas características dun dos nosos dinosauros prefereridos o Tiranosauro Rex e do Braquiosauro . Despois de falar das súas características e diferenzas decidimos modelar con plastilina o Braquiosauro. Fíxonos tanta ilusión que pronto repetiremos con outros dinosauros (gústannos tanto os dinosauros que ata fixemos as pedras que o Braquiosauro tragaba para facer a dixestión ) Estamos feitos uns artistazos!!!  Que non falten árbores para que coman as follas os Braquiosauros

PROXECTO DINOSAUROS 2

Imagen
Na clase de 4 anos estamos encantados investigando sobre os dinosauros. Nesta ocasión fixemos unha paisaxe con area, pedras, palmeiras e dinosauros. Divirtenos moito xogar coa area!!! OS NENOS E NENAS ENCHENDO A CAIXA DE AREA AQUÍ ESTAMOS COLOCANDO PEDRAS, PALMEIRAS, ROCHAS E DINOSAUROS

PROXECTO DINOSAURIOS 1

Imagen
Na clase de 4 anos decidimos investigar sobre os dinosauros. O primeiro que fixemos foi falar sobre o que sabemos deles e do que nos gustaría saber. Despois escribimos unha nota entre todos para pedirlle as nosas familias colaboración aportando fotos, información, xoguetes, libros, murais,... para investigar.   Tamén fixemos debuxos de dinosauros a gran escala. Estamos moi ilusionados e con moitas ganas de investigar!!! Xa vos iremos contando as cousiñas que vaiamos facendo.