Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Primavera

PINTAMOS A PRIMAVERA DE VIVALDI

Imagen
Onte estivemos falando na clase sobre a primavera, as abellas, o mel, as flores, o polen e se nos gusta esta estación e por qué. Ademais fixemos a relaxación escoitando a primavera de Vivaldi. Despois da relaxación debuxamos con pincel a primavera mentres tiñamos de fondo a música!!!   Estivemos tan relaxados e concentrados que incluso algún de nos preguntou polo profe mentres nos gravaba pois pensabamos que non estaba na clase!!!    Que grandes artistas estamos feitos.

FOTOCOPIAMOS AS MANS

Imagen
Hoxe fomos á sala da fotocopiadora e fotocopiamos as nosas mans para facer unha obra de arte que vos ensinaremos cando estea preparada. Fíxonos moitísima ilusión fotocopiar as nosas mans e ver como funciona a fotocopiadora. Ao principio algún de nós tiña un pouco de medo ( ¿Profe quema?, ¿Está caliente?) Así que o profe foi o primeiro en fotocopiar a súa man. Cando vimos que non pasaba nada animámonos tod@s!!!

CHEGOU A PRIMAVERA Á NOSA CLASE

Imagen
Esta semana estivemos decorando as ventás da nosa clase co mostro de cores que tanto nos gusta e con motivos primaverais. Estamos feitos uns pequenos artistas!!!

MURAL PRIMAVERA

Imagen

VERMES DE SEDA

Imagen
SIMÓN, ALUMNO DE 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA TROUXO AO COLE UNHA CAIXA DE CARTÓN CON VERMES E OS SEUS CORRESPONDENTES CASULOS. O PROFE ODILO TIVO A XENTILEZA DE VIR Á NOSA CLASE A EXPLICARNOS E ENSINARNOS O PROCESO DE NACEMENTO DAS BOLBORETAS.