Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como profe Óscar

LAURA E VERA XA TEÑEN 4 ANOS!!! PARABÉNS CAMPIONAS!!!

Imagen
O luns Laura cumpriu 4 anos e o martes Vera, pero foi hoxe cando celebraron o seu aniversario xuntiñas no cole como grandes amigas que son. Estas celebracións encántannos e pasámolo moi ben, cantando, bailando e comendo moitas lambetadas!!!

YADIRA XA TEN 4 ANOS!!! PARABÉNS!!!

Imagen
Hoxe é o aniversario de Yadira que xa ten 4 anos. Pasámolo moi ben comendo tarta, bailando e facendo os agasallos!!!

PARABÉNS XAVI

Imagen
Hoxe Xavi cumpre 4 anos. Para celebralo comemos tarta e gusanitos e bailamos moito!!! Neste día tan especial estivo acompañado polos seus papis!!!

ESCULTURAS AO ESTILO JUDITH SCOTH 2º PARTE

Imagen
Nesta ocasión empregamos como base das nosas esculturas o calzado (botas, tenis, zapatos e chanclas) 

EMOCIÓNS

Imagen
Estes días estivemos falando das cousas que nos poñen alegres, tristes, dan medo,... Despois da asemblea fixemos 3 grupos de 3 alumnos cada un para reflictir as emocións nun cadro pegando anacos de folios de diferentes cores sobre unha cartolina negra. Por último só tivemos que inventar un título para cada cadro.  

OBRADOIRO: JUDITH SCOTH

Imagen
Hai unhas semanas comezamos na clase de 3 anos un proxecto de arte sobre Judith Scoth coñecida como a muller araña. En primeiro lugar descubrimos a súa imaxe e a través dun xogo de letras coñecimos o seu nome. Tamén observamos un pequeno documental sobre a súa vida onde descubrimos a súa conmovedora historia. Nestes intres estamos facendo esculturas ao seu estilo , é dicir, envolvendo fíos, la ou trapillo. Nesta primeira escultura empregamos os carozos que debullamos na clase hai uns meses. Mirade que artistas!!!

EXPERIMENTO:EXPLOSIÓN DE CORES CON LEITE, COLORANTE E LAVAVAIXELAS

Imagen
Hoxe, na clase de 3 anos, levamos a cabo un experimento con leite, lavavaixelas e colorante alimentario. O primeiro que fixemos foi plantexar hipóteses sobre o que sucedería cando metésemos o bastonciño con lavavaixelas no leite cunhas gotas de colorante. Entre todos e todas puxémonos mans á obra para botar primeiro leite. Despois o profe botou o colorante alimentario (por iso de non mancharnos moito xa que non cae), para cun bastociño cheo de lavavaixelas descubrir que as "cores escapaban" unhas das outras facendo debuxos chulísimos. Despois cubrimos nun traballiño o que sucedeu no experimento. 

PARABÉNS PAULA

Imagen
Hoxe Paula cumpre 4 anos!!! Para celebrar o seu aniversario comemos tarta, cantámoslle o cumpreanos feliz, fixémoslle uns agasallos e bailamos moito. Pasámolo moi ben!!! Parabéns campiona!!!

DÍA DA POESÍA

Imagen
Para conmemorar o Día da Poesía na aula de 3 anos levamos uns días recitando poesías e aprendimos e escribimos unha de Anisia Miranda.

OBRADOIRO DE ARTE CON GOTIÑAS DE TÉMPERA LÍQUIDA

Imagen
Nos últimos días na aula de 3 anos fixemos unhas  obras de arte moi chulas  deixando gotear a témpera líquida sobre unha cartolina negra. Unha vez que a acabamos cada neno e nena elixiu un título para a súa obra. A verdade é que somos moi creativos e puxémoslle uns títulos chulísimos. "Flores", "El paraíso", "Sol", "Gonzalet",.. .

SEMENTAMOS NA CLASE DE 3 ANOS

Imagen
Hoxe celebrase o Día da Natureza e na clase de tres anos decidimos sementar dunha forma especial!!!

EXPERIMENTO: FLOTABILIDADE

Imagen
Hai uns días fixemos na clase de 3 anos unha investigación sobre as cousas que flotan e as que afunden. Primeiro conversamos sobre o significado de flotar e afundirse. Despois manipulamos e identificamos diferentes materiais (corchos, tapóns de plástico, escarvadentes, parafusos, clips e moedas). Tamén fixemos as nosas hipóteses sobre aquelas cousas que pensabamos flotarían ou afundirían. Por último, comprobamos se as nosas hipóteses se afirmaban ou non.