DE QUE COR É UN BICO?

A semana pasada no obradoiro de literatura traballamos o conto ¿De qué color es un beso? A Minimoni encántalle pintar mil cousas de cores: xoaniñas vermellas, ceos azuis, plátanos amarelos... pero nunca pintou un bico. De que cor será? Vermello como unha deliciosa salsa de tomate? Non, porque tamén é a cor de cando estás enfadado? ¿Será verde como os crocodrilos, que sempre lle semellaron tan simpáticos? Imposible, porque é a cor das verduras e ¡non lle gusta comelas! Como podería averiguar de que cor é un bico? Despois dunha conversa sobre a cor que teñen para eles os bicos e as persoas as cales lles gusta bicar, aproveitando que estamos traballando a Andy warhol pintamos uns beizos ao estilo pop art.










Comentarios