XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL NO COLE

O venres tivemos a oportunidade de vivir unha xornada de Educación Vial. Equipados co noso casco collemos a moto e a pilotar, por suposto, respectando as normas de circulación. Fixémolo xenial como uns verdadeiros pilotos!!! Despois trocamos de papel e pasamos a ser peóns. Por último puidemos entrar no camión de protección civil e do coche de policía. Unha das cousas que mais nos gustou foi tocar as sirenas dos coches.
 

Comentarios